A XIII Feira do Viño de Monterrei mostra a calidade dos seus caldos

Compartir

  • O presidente da Deputación de Ourense participou hoxe na inauguración desta celebración que "pon en valor un dos sectores estratéxicos da economía da nosa provincia: o vitivinícola".

Ourense, 10 de agosto de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar participou hoxe na inauguración da XIII edición da Feira do Viño de Monterrei que, do 10 ao 12 de agosto, ofrecerá aos asistentes unha degustación dos mellores viños da comarca. Baltar destacou que esta celebración "pon en valor un dos sectores estratéxicos da economía da nosa provincia: o vitivinícola" e lembrou que o viño é "un excelente dinamizador da economía da nosa provincia, pois Ourense conta con catro das cinco Denominacións de Orixe galegas".

Así mesmo, o presidente do goberno provincial salientou "o esforzo das adegas a prol da internacionalización do viño, un magnífico embaixador do noso territorio e das nosas xentes", e salientou o apoio da Deputación de Ourense a este sector a través de axudas aos catro Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Vitivinícolas da provincia.