Xornada de actualización sobre a Lei de contratos do sector público

Compartir

Ourense, 30 de novembro de 2017.- A Deputación de Ourense organizou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" unha xornada para informar das novidades da Lei de contratos do sector público ao persoal da administración. A presentación da xornada correu a cargo do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, do xefe da sección de Formación, Carlos Castiñeiras; e do coordinador da xornada, Jaime Pintos.

Rosendo Fernández explicou que con esta xornada, desde a Deputación de Ourense, "desexamos participar, facer partícipes e axudar a que os profesionais da contratación pública estean o mellor formados posible para a correcta aplicación da norma, que será de aplicación plena en marzo do 2018".

Na xornada abordáronse cuestións relativas ás novidades dos tipos contractuais, dos procedementos de contratación e tramitación, así como unha aproximación ao novo texto legal.