Xornada final da Ourense ICC Week 2020, en Ribadavia

Compartir

 

Ourense, 10 de outubro de 2020.- A xornada final da ICC Week celebrouse este sábado na Igrexa de Ribadavia, co relatorio do escritor e filósofo Ernesto Castro, presentado polo alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández. Un percorrido teórico sobre as orixes conceptuais da fama, ata os tempos actuais, onde co pulo das redes sociais, produciuse unha democratización da fama e un cambio da relación entre fans e ídolos.

Na súa exposición, Castro relatou como os autores clásicos diferenciaban entre gloria e fama, e como actualmente os conceptos de boa fama, mala fama e rumor teñen presenza destacada nas redes sociais, onde pola procura de audiencia ou de aplauso, calquera persoa síntese co deber de opinar sobre calquera cousa, teña ou non coñecemento. Xa na Grecia Clásica, a traxedia era unha mofa dos personaxes que triunfaban na épica e hoxe en día sucede o mesmo nos mass media e redes sociais, así Edipo Rey non foi un modelo de conducta senon un contramodelo (o modelo a evitar) que tería un equivalente actual nalgunhas personaxes populares, como Belén Esteban, según apuntou Castro.

No seu relatorio Castro subliñou que moitos fenómenos asociados á fama actual teñen referentes na antigüidade, porque 'todo está nos clásicos'. Por eso, o fenómeno da fama actual debe analizarse cos mesmos criterios que o facían os gregos hai 2500 anos. Tamén reflexionou sobre como as redes sociais condicionan a fama na actualidade, onde a míudo prefirese ter mala fama que ser anónimo, ou se intenta, non sempre con éxito, marcar liñas que dividen artista e obra, fusionándose nalgúns casos a fama conceptual a fama habitual e a fama de notoriedade, conceptos que foron desgranados na charla, que se celebrou na Igrexa da Magdalena; un encontro aberto ao público, con aforamento limitado e con inscrición previa.

Balance

A organización da Ourense ICC Week valorou moi positivamente esta especial edición de 2020, que implicou realizar unha importante reprogramación e restruturación das actividades inicialmente pensadas, debido as especiais circunstancias destes momentos. Un reto superado, coa aposta polo streaming, co que se conseguiu manter as charlas e relatorios programados, a gran maioría sen publico. As actividades foron seguidas en directo e ademais quedan publicadas na canle de Youtube da ICC Week, puidendo ser visionadas en calquera momento.

A Semana das Industrias Culturais e Creativas tamén quere agradecer a colaboración de de centros educativos como a EASO A.Failde, CIFP A Farixa, o colexio Guillelme Brown, e o importante apoio da Deputación de Ourense e o Concello de Ribadavia, para poder realizar esta edición, demostrando que é posible manter viva a cultura, dun xeito seguro. Os concertos e as actividades que non se puideron celebrar quedan aprazados e as novas datas serán anunciadas proximamente. Ademáis, Ataquilla devolverá nos próximos días o importe das entradas do concerto de Juan Perro previsto dentro da ICC Week, a todos os compradores.