As Xornadas de Folclore chegan mañá a Ourense cun desfile polas rúas e a actuación dos seis grupos folclóricos na Praza Maior

Compartir

Esta noite, Castro Caldelas acollerá os grupos de Bolivia, Tahití e Ucraína. En Verín actuarán os compoñentes das agrupacións de Ecuador, Sudáfrica e Arxentina. Estas dúas vilas serán as últimas nas que os participantes nas Xornadas actúen en dous grupos divididos en tres formacións

Ourense, 14 de Agosto de 2023.- As XXXVIII Xornadas de Folclore chegan esta semana ao seu fin. Hoxe será a última vez na que as seis agrupacións folclóricas participantes actúen divididas en dous grupos diferentes. Será na Praza do Prado de Castro Caldelas e na Praza Maior de Verín, ás 22,30 horas.

Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo

As XXXVIII Xornadas de Folclore de Ourense están organizadas pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, creado no 2004, ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas ao etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo Fernández.

O Centro de Cultura Popular naceu a partires dunha adaptación da Escola Provincial de Danza da Deputación que, dende 1984, viña desenrolando unha intensa actividade no eido da música e da danza popular. Tamén se sumo ao novo proxecto a traxectoria comezada polo Colectivo Cultural Castro Floxo, adicado a actividades de investigación e difusión da cultura popular.

Entre os obxectivos actuais do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo atópanse a promoción de actividades que busquen recuperar, conservar e espallar a cultura popular e habilitar os medios para dala a coñecer, e transmitir deste xeito un patrimonio intanxible.

As Xornadas de Folclore, que este ano xa cumpren 38 anos baixo a dirección artística de Julio Fernández, son só unha das moitas actividades no que o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo traballa ao longo do ano. Mantén activa a Escola Provincial de Danza – Castro Floxo- encargada de recibir este no Teatro Principal aos participantes nas Xornadas- que conta con máis de 1.500 compoñentes sumando a súa sé central e as diferentes delegacións de toda a provincia de Ourense.

Ademais organiza diferentes obradoiros relacionados con oficios e outras actividades tradicionais; a exitosa romería Raigame, na vila de Vilanova dos Infantes cada 17 de maio, e participa en seminarios e Congresos nacionais e internacionais, entre outras actividades.

Mañá, 15 de agosto: Ourense

Un colorido desfile formado polos compoñentes das seis agrupacións folclóricas que participan nas XXXVIII Xornadas de Folclore recorrerá mañá as rúas da cidade. O recorrido comezará ás 22.30 horas no Parque de San Lázaro e rematará na Praza Maior.