Xosé Miguel Pérez Blecua asiste en representación da Deputación á XXVIII Festa da Carne de Montederramo

Compartir

Montederramo, 12 de outubro de 2023.- O deputado de Dinamización do Medio Rural, José Miguel Pérez Blecua, asistiu en representación da Deputación á XXVIII Festa da Carne en Montederramo, poñendo de manifesto o apoio da institución provincial a todos aqueles eventos que dinamizan o territorio e poñen en valor os produtos autóctonos, como é o caso da Festa da Carne en Montederramo, todo un referente neste tipo de celebracións gastronómicas na provincia.