Xosé Miguel Pérez Blecua representa á Deputación no III Encontro Galego de Ciberseguridade
Compostela, 2 de novembro de 2023.- A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acolle durante a xornada de hoxe o III Encontro Galego de Ciberseguridade. En representación da Deputación asitiu o deputado provincial de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, que destacou que "a dixitalización e o uso das novas tecnoloxías é algo que avanza día a día e non ten marcha atrás. Da mesma maneira, aumentan exponencialmente os ciberdelitos, esto é unha ameaza polo que é necesario invertir en ciberseguridade para intentar reducir os riscos de ter problemas cos ciberdelincuentes".