Xosé Miguel Pérez Blecua representa á Deputación nunha reunión celebrada en Portugal para abordar temas transfronteirizos e avanzar en materia de novas tecnoloxías
Porto, 14 de novembro de 2023.- O deputado de Novas Tecnoloxías, Reto Demográfico e Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, participou esta mañá nunha reunión na sede da Associaçao Empresarial de Portugal, na cidade lusa do Porto, coa fin de tratar temas relativos á colaboración transfronteriza e novas tecnoloxías. Nas instalaciones de AEP, Pérez Blecua retomou axenda e proxectos coa asociación empresarial de Portugal relativos ao 5G e smart villages para a colaboración transfronteriza.
"O impulso á nova tecnoloxía é transcendental para competir e garantir o porvir do rural, queremos ser os primeiros en Europa e a colaboración transfronteriza é a chave. A participación de Portugal é clave e iso foi o que retomamos hoxe. Marcamos unha axenda para o inicio dunha colaboración que vai ser referente en toda a Europa comunitaria".
Á reunión tamén asistiron representantes da Deputacion de Pontevedra, da consultora EastWest e da Tecnoloxíca Coendegal e o Think Thank europeo Ceus. Na imaxe, o deputado provincial Xosé Miguel Pérez Blecua está co vicepresidente executivo da AEP, Paulo Vaz.