Xosé Miguel Pérez Blecua representa á provincia no Comité das Rexións da Unión Europea
Bruxelas, 8 de outubro de 2024.
O alcalde de San Xoán de Río, e deputado provincial do PP, Xosé Miguel Pérez Blecua, participou esta tarde no Comité das Rexións da Unión Europea, no marco das actividades programadas con motivo da Semana Europea das Rexións e das Cidades.
Como representante da Unión Europea nesta zona de provincia de Ourense, Pérez Blecua, comprometeuse "a levar a voz da UE á miña comarca, e á súa vez ser o altofalante da nosa xente en Europa".
Baixo o lema "Comunicar Europa: unha alianza prometedora entre a UE e o nivel local", o encontro tiña por finalidade dar a coñecer como a UE traballa cos concelleiros locais de toda Europa, ademais de presentar a nova rede de concelleiros locais da UE que figura nas directrices políticas da Comisión Europea 2024-2029.