Xunta de Galicia e Deputación de Ourense farán do termalismo o eixo do futuro da provincia
O goberno provincial e o goberno autonómico aproban un plan estratéxico dirixido a sacarlle o maior rendemento posible ao termalismo na provincia de Ourense.
Ambos gobernos asinarán tamén colaboracións que apostan polos Servizos Sociais, o sector agroalimentario, e a eficiencia enerxética.
En 2013 daranse os pasos necesarios para a constitución do Consorcio Provincial de Incendios.
Ourense, 10 de xuño de 2013.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acordaron esta mañá elaborar un plan estratéxico do termalismo na provincia de Ourense. Ambos presidentes acordaron realizar un estudo co obxetivo de sacarlle o maior rendemento posible a actual crecente demanda de turismo saudable en Ourense. Para iso, levarase a cabo un estudo dividido en dúas fases: inicialmente, farase unha recopilación de información que sente as bases para elaborar posteriormente, un plan no que se detallen as propostas concretas en materia de instalacións, equipamentos e actividades.
Nesta xuntanza que tivo lugar na capital galega entre o presidente autnómico e o presidente provincial, Manuel Baltar obtivo o compromiso, por parte da Xunta de Galicia, de elaborar este plan estratéxico de termalismo da provincia de Ourense que supón un dos principais obxectivos da Deputación de Ourense porque, para Manuel Baltar, Ourense é a “provincia termal” por excelencia de España, e grazas a execución de dito plan, pode chegar a converterse en referente europeo.
A Deputación de Ourense incluíu en 2013, por primeira vez, unha partida específica de apoio ao termalismo coa que, segundo o propio presidente da Institución, se demostra que “se está pasando das palabras aos feitos”, pois “estase chegando ao momento da verdade para ao termalismo”.
Novas colaboracións entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense
Manuel Baltar e Alberto Núñez Feijóo acordaron tamén nesta xuntanza, asinar en próximas datas convenios coa Consellería de Traballo e Benestar, para a realización do Plan Benourense 2013 de Servizos Sociai, por un importe de 400.000 euros. Por outro lado, levaranse a cabo acordos coa Consellería de Economía e Industria sobre a eficiencia enerxética e, por último, coa Consellería de Medio Rural e do Mar, para que o INORDE siga con programas coma o de razas autóctonas, e aposte polo Instituto Agro-gandeiro de Xinzo de Limia, o Centro de Investigación da Castaña en Riós, e mesmo, o sector vitivinícola ourensán.
Consorcio Provincial de Incendios
Outro dos temas que se abordaron nesta xuntanza foi en materia medioambiental outro dos piares fundamentais para a Deputación de Ourense. Manuel Baltar e Alberto Núñez Feijóo ratificaron que en 2013 se daran os pasos necesarios para a constitución do Consorcio Provincial de Incendios, obxectivo que tamén forma parte do Plan Ourense 92 de xestión e estratexia operativa da Deputación.