A Xunta de Galicia ratifica o seu compromiso coa Ribeira Sacra co inicio do expediente de Ben de Interese Cultural

Compartir

  • O comezo deste traballo suporá un importante paso para relanzar a declaración desta zona, por parte da Unesco, como Patrimonio da Humanidade.

  • O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, visitaron hoxe o mosteiro de San Pedro de Rocas, onde ambas as dúas administracións tamén van a traballar nun plan de racionalización de visitas para a protección e posta en valor do cenobio máis antigo de Galicia.

Ourense, 8 de maio de 2017.- O A Xunta de Galicia iniciará este verán o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra, traballo que se espera remate cara ao final desta lexislatura e que suporá, desde o mismo momento no que se comece este traballo, a protección integral desta zona. O anuncio, realizado hoxe polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante unha visita ao mosteiro de San Pedro Rocas, supón a ratificación dun compromiso polo que ven de traballar a Deputación de Ourense, cuxo presidente, Manuel Baltar, puxo en valor ao supoñer un importante paso para a declaración da Ribeira Sacra, por parte da Unesco, como Patrimonio da Humanidade.

No acto desenvolvido en San Pedro de Rocas, Manuel Baltar lembrou que neste mesmo espazo comezou o relanzamento da debandita candidatura. Un mosteiro, dixo, "que é o punto de referencia da Ribeira Sacra, non só por ser o lugar máis visitado desta zona, senón tamén polo seu valor histórico e cultural ao ser o mosteiro máis antigo de Galicia".

Manuel Baltar subliñou que a protección integral da Ribeira Sacra e a súa candidatura é un labor "no que estamos a traballar todas as administracións implicadas, como as deputacións de Ourense e Lugo, os concellos e, hoxe, coa visita do presidente da Xunta recibimos un impulso máis".

O presidente da Xunta destacou pola súa banda a complexidade do expediente por se tratar, sinalou, dun extenso territorio que abrangue dúas provincias e numerosos concellos, apelando ao igual que Manuel Baltar á responsabilidade das administracións implicadas, cunha especial mención á Deputación de Ourense "como propietaria do mosteiro, polo seu máximo nivel de esixencia no seu coidado". Este será o primeiro paso, engadiu, para a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, proceso no que Galicia sempre tivo receptividade por parte da Unesco.

Ademais do anuncio do inicio do expediente de Ben de Interese Cultural, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia tamén comezarán a desenvolver un plan de racionalización das visitas ao mosteiro para a súa protección e posta en valor. Un traballo que se enmarca no plan director que para este cenobio vai a elaborar a institución provincial. O plan sumarase a outras actuacións, como a restauración dun dos muráis mapamundi máis antigo de Europa e a sala que o alberga.

Manuel Baltar e Núñez Feijoó, acompañados polo alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, realizaron una visita ao mosteiro e asistiron á proxección do resumo dun vídeo documental do realizador Sergio Estévez. Un traballo de investigación no que se percorre a historia do cenobio e que inclúie un apartado en 3D no que se poden comprobar as sucesivas transformacións que experimentou este espazo.