Premio Blanco Amor

Compartir

O Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor ten como principal finalidade fomentar e difundir a literatura en lingua galega. Leva o nome de Eduardo Blanco-Amor en homenaxe a un dos principais escritores de Galicia, que renovou coa súa obra a narrativa galega. Foi instituído, no 1981, a instancias do Concello de Redondela, e chegou a contar co apoio de corenta e seis concellos de toda Galicia. Desde o 2015 organiza e patrocina este certame a Deputación de Ourense, incorporándose, no 2017, a Fundación Eduardo Blanco-Amor.

Blanco Amor
Premio Blanco Amor