Premio Xosé Aurelio Carracedo
O BOP publica as bases do XXXV Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que inclúe un premio de honra, un galardón ao mellor traballo xornalístico e un accésit
O premio ao mellor traballo está dotado con 4.000 euros e o accésit ao segundo traballo mellor valorado con 1.000
O prazo de presentación de propostas será dentro de 15 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e dirixiranse ao Gabinete de Comunicación da Deputación, conforme aos modelos anexos