O Grupo Provincial do PP insta ao Goberno de Sánchez a flexibilizar os criterios para a regularización extraordinaria de migrantes
O Grupo Provincial do PP levará unha moción ao pleno da Deputación de Ourense do mes de maio, para instar ao Goberno de Sánchez a que flexibilice os criterios para a regularización extraordinaria de persoas migrantes. Así o trasladou hoxe a portavoz do Grupo Provincial do PP, Patricia Torres, acompañada polo presidente da Asociación Alma Llanera, Lorenzo González.