Réxime de dedicación dos cargos electos e as súas retribucións (2019-2023)

Grupo Popular (PP)

Álvaro José Fernández López
María Consuelo Vispo Seara

Bloque Nacionalista (BNG)

Bernardo Varela López

Democracia Orensana (DO)

Gonzalo Pérez Jácome (dende 28/01/2022)

e) Dedicacións exclusivas:

Desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva os seguintes cargos da Corporación:

e.1) A Presidencia da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual de 5.166,09 € en 14 pagas.

e.2) A Vicepresidencia 2ª e 3ª da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual equivalente á dun director xeral da Comunidade Autónoma.

e.3) A Presidencia do INORDE, con retribución íntegra mensual de 3.916,92 euros.

e.4) Ata un máximo de tres cargos de deputado – delegado de área, a determinar pola

Presidencia (sempre que teñan delegada a facultade de ditar actos administrativos con efectos fronte a terceiros) cunha retribución bruta anual de 48.000 euros.

As retribucións correspondentes aos cargos sinalados serán en todo caso renunciables por parte dos seus titulares. Os cargos en réxime de dedicación exclusiva que non perciban retribucións neste concepto terán dereito ao cobro das axudas de custo e indemnizacións por asistencia aos órganos colexiados da entidade á que, en cada caso, presente servizo.

e.5) Poderán exercerse en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, nos termos previstos na presente base, os cargos de portavoz ou outros cargos internos que poidan establecer os grupos políticos. Para estes efectos, e dentro dos límites máximos sinalados nesta base, os grupos políticos, mediante escrito asinado polo seu portavoz titular, determinarán os cargos con dereito a retribución e nomearán ás persoas que os desempeñarán. Para a súa eficacia, os acordos dos grupos deberán ser ratificados por resolución da Presidencia, que unicamente poderá denegar a ratificación no caso de que o acordo do grupo político infrinxa as presentes bases ou non se axuste a Dereito. A resolución da Presidencia deberá ditarse e notificarse ao grupo no prazo máximo dun día hábil dende que o escrito do grupo tivese entrada no rexistro xeral da Deputación, entendéndose outorgada por silencio administrativo en caso contrario, conforme ás normas xerais en materia de procedemento.

Os grupos políticos definirán de xeito discrecional os cargos con réxime de

dedicación exclusiva ou parcial, podendo asignala tanto ao portavoz titular como aos seus suplentes ou adxuntos, e tanto aos cargos con funcións de coordinación xeral como a cargos de apoio ao coordinador xeral ou de coordinación ou responsabilidade en materias ou asuntos concretos.

Os límites aplicables son os seguintes:

- Grupo Popular: 2 dedicacións exclusivas.

- Grupo Socialista: 3 dedicacións exclusivas

- Grupo de Democracia Ourensana: 1 dedicación exclusiva

- Grupo do BNG: 1 dedicación excluisva

- Grupo de Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía: 1 dedicación exclusiva.

Cada cargo en réxime de dedicación exclusiva terá unha retribución de 41.000 euros brutos anuais. Os grupos poderán acordar o exercicio de todos ou algúns dos seus cargos en réxime de dedicación parcial, incrementando o número de cargos con dedicación sempre que se respecte a súa equivalencia económica co límite das dedicacións exclusivas de que dispoñen. Os cargos en réxime de dedicación parcial terán a retribución que proporcionalmente lles corresponda.

DEPUTADOS CON DEDICACION LEXISLATURA 2019-2023

D. José Manuel Baltar Blanco (PP)
 
D. Pácido Alvarez Dobaño (PP)
 
D. Armando Ojea Bouzo (DO) (ata 28/09/2020)
 
D. Pablo Pérez Pérez (PP)
 
Dª. Luz Doporto Real (PP)
 
D. Jorge Pumar Tesouro (PP) (dende 10/09/2020)
 
D. Rafael Rodríguez Villarino (PSOE)
 
D. Diego Fernández Nogueira (PSOE)
 
D. José Ignacio Gómez Pérez (PSOE)
 
D. Bernardo Varela López (BNG)
 
Dª. Montserrat Lama Novoa (CS)
 
D. José Miguel Caride Dominguez (DO) (dende 28/09/2020 ao 19/11/2020)
 
D. Cesar Manuel Fernández Gil (PP) (dende 26/02/2021)
 
PRESIDENTESALARIO BRUTO (ANUAL)NÓMINA (PDF)
José Manuel Baltar Blanco (PP)

 72.325,26 €

NÓMINA DO PRESIDENTE

VICEPRESIDENTE I

Rosendo Luis Fernández Fernández(PP)

Resolución

 NÓMINA DO VICEPRESIDENTE I (Inorde)
VICEPRESIDENTE II

Armando Ojea Bouzo (DO) (ata 28/09/2020)

Resolución

Cese

José Miguel Caride Dominguez (DO) (dende 28/09/2020 ao 19/11/2020)

Resolución

Cese

Cesar Manuel Fernández Gil (PP) (dende 26/02/2021)

Resolución

58.435,72 €

NÓMINA DO VICEPRESIDENTE II

VICEPRESIDENTE III

Plácido Álvarez Dobaño (DO)

Resolución

58.435,72 €

 

NÓMINA DO VICEPRESIDENTE III