Declaración de accesibilidade Provisional
Introdución
A Deputación de Ourense comprometeuse a ter dispoñible o seu sitio web de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016.
A presente declaración de accesibilidade aplicase ao sitio web do https://www.depourense.gal, excluíndo os contidos doutros dominios.
Situación de cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme co Real decreto 1112/2018, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación, nunha revisión parcial levada a cabo de forma automática.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polos seguintes motivos:
Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018
- Nalgunhas páxinas os compoñentes de interface de usuario como elementos de formulario, enlaces e compoñentes xerados por script non seguen a estrutura recomendada polas pautas de accesibilidade [requisito número 9.4.1.2 da norma UNE-EN 301549:2022-03 Nome, función, valor].
- Nalgunhas páxinas a relación de contraste no texto ou imaxes podería non ser de polo menos 4.5:1 [requisito número 9.1.4.3 da norma UNE-EN 301549:2022-03 contraste mínimo].
Carga desproporcionada
- Non aplica.
O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
- Poden existir arquivos de ofimática en PDF e outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Procurouse que a maioría deles si que o cumpran.
- Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos pola Deputación de Ourense ou que non estean baixo o seu control, como por exemplo, arquivos ofimáticos.
- Poden existir arquivos pregrabados publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.
Preparación da presente declaración de accesibilidade provisional
A presente declaración foi preparada o día 31/10/2025.
O método empregado para preparar a declaración foi unha auto avaliación do día 30/10/2025.
Última revisión da declaración: 31/10/2025.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artículo 10.2.a do RD 1112/2018) como, por exemplo:
- Informar sobre calquera incumprimento por parte deste sitio web.
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
- Formular calquera consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.
Para estas comunicacións ten dispoñible estas canles de comunicación:
- Telefono: 988 317 500
- Correo Electronico: ouvac@depourense.gal
- Oficina virtual (OUVAC)
Acorde ao artigo 10.2.b do RD 1112/2018, tamén pode presentar:
- Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
- Unha solicitude de información accesible relativa a:
- Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, apartado 4.
- Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada.
Na solicitude de información accesible, debese concretar, con toda claridade, os feitos, razón e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexitima.
As solicitudes de información accesible e queixas pódense presentar a través do ouvac@depourense.gal, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade da Deputación de Ourense.
Procedemento de reclamación
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivera de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise cos requisitos do artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pode ser presentada a través do ouvac@depourense.gal, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade da Deputación de Ourense.