Axenda

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na presentación do proxecto de sinalización do Camiño de San Rosendo. Na Casa do Concello de Lobeira.

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na entrega de diplomas SICTED no destino Terras de Celanova - Serra do Xurés. No Centro de Interpretación Portas do Xurés (Lobeira).

A vicepresidenta provincial, Marta Nóvoa, preside a sesión semanal da Xunta de Goberno. Na Sala de Xuntas. Enviaranse imaxes e nota de prensa cos acordos adoptados.

O deputado de Turismo, Termalismo e Representación institucional, Rosendo Fernández, e o asesor de Política Deportiva, Enrique Álvarez Fernández, participan na presentación da 7ª edición de Sportur Galicia (Salón do Deporte de Turismo Activo) e a 5º do Congreso Internacional de Turismo e Deporte. En Expourense.

A vicepresidenta da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinarán un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa EsquiOU 2024-2025. Na Sala de Xuntas da Deputación. Enviarase nota e fotos do acto.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asiste ao acto institucional de conmemoración da Constitución Española. No Auditorio Municipal de Ourense.

A deputada provincial de Mocidade, Teresa Barge, participa na Operación Quilo 2024 "Quilaborando somos futuro" que pon en marcha a Asociación Xuvenil Amencer. Na Aula Magna do Colexio Salesianos.

O presidente provincial, Luis Menor, asiste ao acto de acendido do alumeado de Nadal 2024. Na Praza Bispo Cesáreo.

O presidente provincial, Luis Menor, asiste ao concerto solidario que ofrecerá Etiqueta Negra a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO). No Teatro Principal.

A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, participa na clausura do programa "Xerando Redes +45" posto en marcha por Executivas de Galicia en colaboración coa Deputación. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. 

A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, acompaña á directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta, Begoña Abeijón, a unha visita ás dependencias da Asociación Limisi (Santa Mariña, 93. Xinzo de Limia).

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na inauguración da exposición filatélica "Un viaje navideño". Na sala da Deputación do edificio de Correos (rúa do Progreso).

O presidente provincial, Luis Menor, asiste ao partido de fútbol que disputarán o Ourense C.F. e o R.C Deportivo dentro da segunda eliminatoria da Copa del Rey 2024-2025. No estadio de O Couto.

A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, participa na reunión da Comisión Permanente de la Fundación Democracia y Gobierno Local. Por videoconferencia.

O presidente provincial, Luis Menor, realiza unha visita ao Banco de Alimentos de Ourense co gallo da doazón que realizará a Deputación. No Polígono de San Cibrao.

O presidente provincial, Luis Menor, preside a sesión semanal da Xunta de Goberno. Na Sala de Xuntas. 

A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, recibe a un grupo de alumnos e alumnas do CIFP Portovello. No Pazo Provincial. 

O presidente provincial, Luis Menor, participa no Foro de Termalismo organizado por La Región. No Hotel Balneario Laias Caldaria.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Luis Fernández, asiste á gala benéfica de AODEMPER. No Auditorio Ilduara de Celanova.

Celanova

O deputado provincial Jorge Pumar asiste á misa na honra de Santo André e na homenaxe a Radio Popular. En Castro de Beiro