Axenda

O presidente provincial, Luis Menor, asiste á entrega do Premio Economía que o Consello Galego de Economistas outorga ao Grupo Cooperativas Ourensanas S.C.G (Coren). No Teatro Principal.

O presidente provincial, Luis Menor, preside a Xunta de Goberno da Deputación. Na sala de xuntas. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación da 22ª edición de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar. En Expourense.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na presentación do Ourense Film Festival 2024. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibe ao primeiro participante no Programa de Termalismo para nómades dixitais da Deputación de Ourense. No Balneario de Lobios. 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asiste á Romaría da Saínza. Na Igrexa Parroquial de San Xoán de Rairiz de Veiga.

O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á saída do Día da Bici. Na Alameda do Concello de Ourense.

O deputado provincial José María Lago, asiste á celebración do 140 aniversario do nacemento de Vicente Risco. Na fonte da Barreira en Allariz.

A deputada provincial Teresa Barge, asiste ao acto de entrega da Veliana de Honra 2024 á Fundación Penzol. No auditorio de Outomuro, no Concello de Cartelle.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da exposición "Mulleres doutros mundos" do fotógrafo Manuel Outumuro. No Concello da Merca.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa na clausura do VIII Congreso EsMontañas. No Salón de Plenos de San Xoán de Río. 

O presidente provincial, Luis Menor, asiste á saída da iniciativa "Haciendo Camino" que organiza a Fundación para la Salud Novo Nordisk xunto á Federación Española de Diabetes, percorrendo a Vía da Prata. Na Ponte Romana. 

O presidente provincial, Luis Menor, participa no acto institucional do Día da Patroa de Institucións Penitenciarias, Nosa Señora da Merced. No Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar. 

O presidente provincial, Luis Menor, preside a inauguración da xornada "La prestación de servicios de calidad a las personas mayores en los municipios de pequeño tamaño, como estrategia contra la despoblación", organizada pola Fundación Goberno Local E Democracia. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. Enviaranse nota coas declaracións do presidente e imaxes.

Os responsables de estradas da Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e do Estado, ademais de representantes da Dirección Xeral de Tráfico e Garda Civil, manteñen un encontro de traballo no marco das reunións trimestrais que realizan para abordar cuestións relativas ás vías de comunicación. Na sala de xuntas do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Só gráficos. Enviarase nota de prensa e imaxes

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na inauguración do VIII Congreso EsMontañas. No auditorio Julio Vázquez, na Pobra de Trives.

O deputado de Innovación, Jorge Pumar, asiste á presentación do torneo de fútbol Manolo Carrera. No salón de actos do Concello de Ourense.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na presentación da Gladiator Race. No complexo turístico-deportivo "O Corgo" (Muíños). Acto aberto a medios. Enviaranse imaxes e nota de prensa.

O presidente provincial, Luis Menor, realizará unha visita a diferentes puntos do concello de Muíños onde se realizan obras con financiación da Deputación de Ourense. Primeiro punto: Nova nave do GES (xunto ao campo de fútbol). Acto aberto a medios. Enviaranse imaxes e nota de prensa.

O deputado de Representación Institucional participará na clausura da xornada "La prestación de servicios de calidad a las personas mayores en los municipios de pequeño tamaño, como estrategia contra la despoblación", organizada pola Fundación Goberno Local e Democracia. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.