Axenda

O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participa na presentación do festival de música "Son do Arnoia" e da XV Carreira Popular do San Salvador. Xunto ás piscinas de Baños de Molgas.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación da XXVII edición da Feira do Pemento de Oímbra. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O deputado provincial Xosé Miguel Pérez, asiste ao XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas da Deputación. No campo de competición de Cabeza de Manzaneda.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste á segunda edición de "O viño un compañeiro de vida". Na Igrexa de San Roque de Beade.

O deputado provincial Jorge Pumar, asiste á procesión e á misa pola festividade de Santiago Apóstolo. Na Igrexa parroquial de Santiago das Caldas – A Ponte.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á misa en lembranza de Rosalía de Castro. No templo de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

A corporación provincial celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo. No Salón de Plenos e a través de internet (depourense.seneca.tv/lives). 

O director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez, asiste ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2024. No Museo Centro Gaiás – Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste ao concerto de Luz Casal que se organiza no marco da III edición do ciclo "Rock entre Pedra e Poesía". No claustro do Mosteiro de San Salvador en Celanova.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Na sala de prensa do Pazo Provincial.

O presidente provincial, Luis Menor, asina os convenios de colaboración cos alcaldes e alcaldesas de Toén, Cartelle, Lobios, Amoeiro, Trives e Arnoia, para a construción e mellora dos campos de fútbol. No Pazo Provincial. 

O presidente provincial, Luis Menor, preside a reunión da Xunta de Goberno. Na sala de xuntas da Deputación. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao partido de fútbol do I Memorial Miguel Ángel. No Estadio do Couto.

O deputado de Medio Ambiente, Jose María Lago, participa na inauguración do 3º Encontro Ibérico de Fluídos Supercríticos. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación da X edición do Festival Hércules Brass 2024. No Mosteiro de San Salvador en Celanova.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na Xunta Reitora da UNED. Na sala de xuntas do Pazo Provincial.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa no acto literario-musical da XVI Festa da Palabra na Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño).

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación de "Xoldra de Aguiar". Na delegación da Xunta en Ourense.

A deputada provincial Patricia Torres, asiste á presentación do Cartel da Festa do Pulpo 2024. No Concello do Carballiño.

O deputado provincial de Dinamización do Medio Rural, Xosé María Pérez, asiste ao comité de valoración do Concurso de proxectos empresariais "Semente Ribeira Sacra". No Instituto de Educación Secundaria Río Cabe (Monforte de Lemos).