Axenda

O presidente provincial, Luis Menor, realizará unha visita ás obras que a cooperación da Deputación facilitou no lugar de Presqueira, en Baños de Molgas.

A deputada provincial de Mocidade, Teresa Barge, participa na inauguración do curso de extensión universitaria de visibilización da importancia da saúde mental na mocidade, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O presidente provincial, Luis Menor, realizará unha visita aos ensaios da Coral de Ruada. No Teatro Principal. 

O presidente provincial, Luis Menor, preside a Xunta de Goberno da Deputación. Na sala de xuntas. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa de presentación dos actos da terceira xornada da Capitalidade de Montaña de España 2024. Na sala de prensa da Deputación. 

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, participa na rolda de prensa de presentación da ópera "A loba branca", do compositor Brais González. No Teatro Principal. 

O deputado de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, participa na presentación do proxecto OUDS A2030. Na Feira do Carballiño. 

O presidente do Inorde e deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á saída do Camiño Mozárabe-Vía da Prata que organiza a Deputación durante os vindeiros 5 domingos. Saída da Ponte Romana (xunto a Salesianos). 

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, asiste á entrega de premios da regata Pub Gadaffi – Copa Deputación. En Barra de Miño (Coles).

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, asiste á representación da obra teatral "O rexurdimento do Divino Sainete". No Auditorio Ilduara de Celanova.

O presidente provincial, Luis Menor, participa no acto de posta en valor do Plan de investimentos para a creación de prazas para persoas maiores na provincia de Ourense, acompañando ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e á conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García. Na Delegación Territorial da Xunta en Ourense. Enviarase nota coas declaracións do presidente e imaxes.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na visita que o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, realiza aos traballos de vendima da adega Ladairo. En Oímbra (O Rosal, rúa Ladairo, 42). Enviarase nota coas declaracións do presidente e imaxes.

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, asiste á entrega do I Premio Acouga Casa dos Poetas. No Hotel Boutique de Celanova.

O presidente provincial, Luis Menor, asiste á XIII Festa de Exaltación do Porco ao Espeto. No pavillón municipal de A Merca.

A deputada de Mocidade e Igualdade, Teresa Barge, asiste á inauguración do Arenteiro Fotográfico. Na rúa Evaristo Vahamonde, 26.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao Consello Xeral do Consorcio de Os Peares. No salón de sesións da sede do Consorcio.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da exposición "Historia da medicina rural galega", impulsada pola Asociación de Médicos Galega (Asomega). No colexio Santa Leonor de A Pobra de Trives.

O presidente provincial, Luis Menor, asiste ao acto institucional de visita de obras do convenio regulador para financiación e construción, entrega, recepción e seguimento medioambiental das obras de modernización e consolidación dos regadíos da comunidade xeral de regantes Nova Limia. Acto aberto a medios.

En Camiño Pena a Solveira (Xinzo de Limia)

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, asiste á reunión do xurado dos XIII Premios Rebulir.

Por videoconferencia

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación da obra teatral "O divino sainete".

Centro Cultural Marcos Valcárcel