O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo conselleiro en funcións de Medio Rural, José González, e o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, visita as obras de acondicionamento da pista de Armada. Punto de encontro: Casa Consistorial de Xinzo de Limia (Rúa Curros Enríquez, 15).
Axenda
- A corporación provincial celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de marzo. No Salón de Plenos e a través de internet (depourense.seneca.tv/lives)
A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, asiste á inauguración da exposición fotográfica antiga do Castelo/Pazo de Arnado, así como á conferencia sobre a historia do castelo e presentación do libro "Castillo de Arnado y sus promotores". No Casino do Barco de Valdeorras.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á gala anual do Centro de Tiro Olímpico de As Eiroás e á entrega de premios San Sebastián 2024 aos deportistas máis destacados na tempada pasada. No Hotel Barceló Ourense (Curros Enríquez, 1)
- O vicepresidente terceiro e deputado de Emerxencias, Plácido Álvarez, participa na Comisión de Seguimento dos GES. Videoconferencia.
O deputado de Innovación, Jorge Pumar, participa na reunión telemática do grupo de traballo de Sustentabilidade Urbana do Eixo Atlántico. Videoconferencia.
O deputado de Medio Ambiente, José María Lago, participa no acto con motivo do Día Mundial da Árbore, da Auga e da Poesía. Na Ínsua dos Poetas (A Esgueva, O Carballiño).
- O presidente da Deputación, Luis Menor, preside a reunión da Rede de Vilas Termais da FEMP. Videoconferencia.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, preside a comisión provincial de Patrimonio. No Pazo Provincial.
O vicepresidente terceiro e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Plácido Álvarez, participa na reunión do Padroado da Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova. En Bande.
O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participa na presentación do Open Primavera de remo-regata de acceso ao equipo nacional. No Club Náutico de Castrelo de Miño.
Luis Menor asiste ao comité executivo do Consorcio Augas de Valdeorras. Na sede comarcal da Deputación (Casa Grande de Viloira. O Barco de Valdeorras).
Luis Menor, reúnese cos impulsores da Fundación Florencio Delgado Gurriarán. Na sede comarcal da Deputación (Casa Grande Viloira. O Barco de Valdeorras).
Luis Menor visita as obras de pavimentación e renovación de infraestruturas da avenida Elena Quiroga. Punto de encontro: Fronte a Agro Viloira.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na inauguración da exposición "¡CLIC! Artesanía de la casualidad", do fotógrafo Miguel Ángel López. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. ACTO ABERTO A MEDIOS
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao Pregón de Semana Santa e ao concerto de música sacra posterior a cargo da Capela Madrigalista. Na igrexa de Santa Eufemia.
A deputada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, participa na presentacion do libro de Jesús de Juana "Breve Biografía de Ruíz de Padrón". Na sede comarcal da Deputación (Casa Grande de Viloira).
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da exposición Proyecto Peana de Sesé Santiso. Na Galería Marisa Marimón.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na clausura do 17º Salón da Prevención e Seguridade Laboral, Previsel. En Expourense.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da exposición "40 anos de #EstiloVerino". Na Sala Valente.