Axenda

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de presentación da 12ª edición de Funergal. En Expourense.

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, ofrece unha rolda de prensa para presentar a campaña de promoción turística da Vía da Prata posta en marcha pola institución provincial. Na sala de prensa do Pazo Provincial e con retransmisión en directo vía streaming (depourense.seneca.tv/lives).

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, asiste á saída e corte de cinta da Ribeira Sacra Cycling Road. Na praza de Luíntra (Nogueira de Ramuín).

O deputado de Innovación, Jorge Pumar, asiste á II Andaina Ourensividad, que ten a súa saída no pavillón polideportivo de Barbadás.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao acto de coroación eclesiástica da Virxe dos Remedios. No Santuario da Virxe dos Remedios de Castro Caldelas.

O deputado provincial de Dinamización do Medio Rural, Xosé María Pérez Blecua, asiste aos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas e de homenaxe á neumóloga Lucía Ferreiro Fernández. No salón multiusos de Parada de Sil.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración do 47º Congreso de Viúvas de Galicia. No restaurante A Carballeira de Santa Cruz de Arrabaldo. 

O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración do XIV Festival Internacional de Xardíns de Allariz. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na IV Xornada de Traballo Social e Saúde. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa de presentación dos cursos de verán da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. Na vicerreitoría do Campus de Ourense (4º andar o Edificio de Ferro).

O vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, asiste á clausura e entrega de premios de Galiciencia 2024. Na Tecnópole.

O director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez Guzmán, participa en representación da institución provincial na rolda de prensa de presentación do Al-Majisti Festival. Na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, participa no Día da Colecta, organizado pola Asociación contra o Cancro de Ourense. Na rúa do Paseo (fronte AFundación).

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na presentación da proba cicloturista Ribeira Sacra Cycling Road. Na praza do Concello de Pereiro de Aguiar. 

O presidente provincial, Luis Menor, participa na rolda de prensa de presentación da Romaría Etnográfica Raigame 2024. Na sala de prensa da Deputación e con retransmisión en directo vía streaming (depourense.seneca.tv/lives).

O presidente provincial, Luis Menor, participa no acto inaugural das obras de ampliación do IES Xesús Ferro Couselo. 

A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, recibe a unha delegación do alumnado do Colexio Josefinas con motivo do Día de Europa. No Salón de Plenos. 

O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración das XVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde. No Auditorio Municipal de Ourense. 

O presidente provincial, Luis Menor, participa na presentación do libro titulado "La huella del Zamora 8". No Centro Cultural Marcos Valcárcel. 

O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, asistirá ao acto do premio Concurso-Exposición Letras Galegas. No CIFP A Carballeira.