Axenda

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, inaugura a xornada técnica de debate sobre a futura ordenanza tipo de transparencia e acceso á información pública da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, intervén na presentación do proxecto de revalorización da Fortaleza de Monterrei - Plan Xacobeo Next Generation. O acto estará presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Lugar: Salón Zúñiga do Parador de Monterrei.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, presenta a programación do Nadal do Teatro Principal deseñada para o público familiar, "Nadal en Familia 2022", acompañado pola directora do teatro, Olga Mojón. Lugar: Teatro Principal
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa no acto institucional conmemorativo do 44 aniversario da Constitución Española. Lugar: Auditorio Municipal de Ourense.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa no acto literario de entrega do XLI Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor a Roberto Fernández Álvarez, pola súa obra "A inmoral doutora Cons". Lugar: Liceo de Ourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente de Next Educación, Manuel Campo Vidal, presentan o curso de formación en Territorio Rural Intelixente. Lugar: Centro Galego de Innovación de FP "Eduardo Barreiros". Os medios gráficos poderán tomar imaxes nos primeiros minutos do acto, que se poderá seguir por "streaming" a través da web da Deputación.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da exposición "Plástica Castrexa" do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Lugar: Sala de exposicións Afundación en Ourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na inauguración da exposición "A senda proscrita", con traballos de Alexandro e textos de Alberto Cacharrón. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do libro "A senda proscrita", con textos de Alberto Cacharrón e ilustracións de Alexandro. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa no acto de homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor no aniversario do seu pasamento. Lugar: Cemiterio de San Francisco.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presenta os novos ecobarcos adquiridos para a realización de rutas turísticas, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en "Ourense Termal". Lugar: Pantalán da Arnoia.
O vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, participa na presentación do proxecto "Bela Galicia", iniciativa enfocada á formación dos galegos no exterior e o fomento da cultura galega. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa por videoconferencia na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP). Enviarase nota de prensa e fotografías.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de novembro. Lugar: Salón de plenos do Pazo Provincial.
A deputada Luz Doporto e o director da Área de Transparencia, Fernando Suárez, participan nunha andaina de demostración da aplicación "VouContigo". Lugar: Saída do Parque da igualdade, no entorno do encoro de Cachamuíña (Pereiro de Aguiar). Só gráficos.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asina o convenio "Ourense, a provincia termal dixital" cos responsables dos balnearios ourensáns participantes no programa. Lugar: Balneario de Berán. So gráficos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervén na reunión da Xunta Territorial de Ibermutua en Galicia. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel. So gráficos.
O deputado Pablo Pérez participa na presentación da XV edición do Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará o 3 e 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova. Pérez estará acompañado polo alcalde de Celanova, Antonio Puga; o director do Agadic, Jacobo Sutil; e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares, Iván Estévez.
O deputado Pablo Pérez presenta un proxecto de compostaxe comunitaria deseñado pola Deputación de Ourense para os concellos do Carballiño, Pereiro de Aguiar e Xinzo de Limia. Pablo Pérez estará acompañado pola alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; o tenente alcalde de Pereiro, Manuel Doval; e a edil de Medio Ambiente do Carballiño, Rita Soto. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reúnese con alcaldes de toda a provincia para explicar o proxecto "OU-Intelixente: Provincia da Auga" que se presentará á convocatoria específica dos fondos Next Generation asociada ao PERTE de dixitalización da auga. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel. Os gráficos poderán tomar imaxes dos primeiros minutos da reunión.