O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside o seminario do Foro Termal do Eixo Atlántico. Lugar: Vizela (Portugal). Enviarase nota de prensa e fotografías.
Axenda
Presentación do festival Voces Femeninas 2022, coa intervención de Edu Romero -Coconut Producciones-, David Pedrouzo -Todomedre Produccións- e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón. Lugar: Teatro Principal.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, intervén na presentación da XXI edición dos Premios Mestre Mateo -que se celebrarán en Ourense en 2023- e da exposición "Un retrato ben merecido", promovida pola Academia Galega do Audiovisual. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na entrega dos Premios TFG José Manuel Pérez Canal 2022. Lugar: Aula Magna "José Ángel Valente" da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
Reunión do xurado do XXXII premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", para ditaminar o recoñecemento á traxectoria profesional dun xornalista e para premiar unha peza xornalística destacada -publicada ao longo do 2021 nun medio de comunicación-. Lugar: Sala de Xuntas da Deputación. Só gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, protagoniza o Foro La Región "O liderado de Ourense", presentado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Lugar: Restaurante A Carballeira de Santa Cruz (Ourense).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside o acto de entrega do Premio Ourensanía 2022 ao fotógrafo Manuel Outumuro. Lugar: Teatro Principal de Ourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, preside a reunión telemática da asemblea da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA). Enviarase nota de prensa e fotografías.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, intervén na inauguración da exposición "Había outra vez...". Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na inauguración oficial da 23ª edición de Xantar. Lugar: Expourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita o complexo arqueolóxico Aquis Querquennis acompañado polo profesor Antonio Rodríguez Colmenero e outros membros da Fundación Aqua Querquennae. Lugar: Centro de Interpretación de Aquis Querquennis (Bande). Intervención aberta a medios ao comezo dunha visita da que os medios gráficos poderán tomar imaxes.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside o pleno do Debate sobre o estado da provincia de Ourense. Lugar: Salón de Plenos do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside a constitución da Mesa de Calidade do Destino Ourense Termal. Lugar: Sala de Xuntas do Pazo Provincial. Os gráficos poderán tomar imaxes nos primeiros minutos da reunión
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á presentación da cuarta edición da Biblia en galego. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste á inauguración da exposición "CZAR. Dimensión social dunha erótica da arte", de César Taboada. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da XXXII edición da exposición filatélica sobre San Martiño. Lugar: Liceo de Ourense.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, recibe aos rapaces de Amencer, que celebrarán un pleno infantil. Lugar: Salón de plenos da Deputación.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste ao acto de entrega de medallas ao mérito e distintivos de permanencia na Protección Civil de Galicia. Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
A deputada Luz Doporto asiste á saída da I Subida a Vilar de Barrio "Copa de España de Escudarías de Montaña. Memorial Juan Rodríguez". Lugar: Praza do Toural (Vilar de Barrio).
A Insua dos Poetas acolle a II edición do Magosto "Nenos e Nenas na lingua propia". O vicepresidente segundo, César Fernández, asistirá a un evento organizado pola Fundación Insua dos Poetas co apoio da Deputación. Lugar: Insua dos Poetas (Esgueva, Madarnás, O Carballiño).