Axenda

O presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa en Fitur na presentación dos Trens Turísticos. No expositor de Galicia, no Ifema. 

O presidente da Deputación, Luis Menor, participa en Fitur na presentación da campaña turística da provincia de Ourense, que xirará en torno á Vía da Prata. No expositor de Galicia, no Ifema. Retransmitirase en streaming a través da seguinte ligazón: https://vimeo.com/event/4853621/embed/interaction e nas redes sociais.

O presidente da Deputación, Luis Menor, participa en Fitur na presentación da campaña turística do Consorcio da Ribeira Sacra. No expositor de Galicia, no Ifema.

O presidente da Deputación, Luis Menor, realizará unha visita aos bombeiros do Consorcio Provincial con base en San Cibrao das Viñas. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao acto de apertura do curso da Academia Xacobea. No Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.

O presidente provincial, Luis Menor, preside a sesión semanal da Xunta de Goberno.

O deputado provincial de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, asiste á Festa dos Fachós (Castro Caldelas).

O presidente provincial, Luis Menor, participa na XXIII Festa do Botelo. No Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras. 

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, asiste á presentación de "O Gran Camiño". No auditorio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez Guzmán, asiste ao acto conmemorativo do 75º aniversario da Editorial Galaxia. No Hotel Cidade de Vigo.

O presidente provincial, Luis Menor, participa no acto de presentación do Plan de Turismo Termal de Galicia 2025-2028. No Teatro Principal de Ourense.

O vicepresidente segundo, César Fernández, participa na inauguración da exposición "39 de sur a norte en forma de caixa", do artista andaluz Fran Cabeza.

O director da área de Cultura da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, participa na inauguración da exposición "The Wall", do pintor Xoti de Luis. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación do libro de Francisco Peña titulado "Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: Las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI". No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na presentación da etapa que discorrerá pola provincia de Ourense dentro da proba "O Gran Camiño". Na Ponte Romana (xunto a Salesianos).

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na xunta directiva da Ruta do Viño de Valdeorras. Na sede da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA).

O presidente provincial, Luis Menor, asiste ao partido de eliminatoria da Copa do Rei que disputarán o Ourense CF e o Valencia. No Estadio do Couto.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistirá á inauguración da área de estacionamento segura e protexida con perspectiva de xénero no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. No Aparcadoiro de Camións do Polígono de San Cibrao (Cidade do Transporte do Polígono de San Cibrao das Viñas. A ligazón a Google Maps é: https://maps.app.goo.gl/swRZoBxfyCveffnC7). 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á exposición "Raíces", realizada por alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. Enviaranse nota e fotos do acto.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á presentación da peza do mes de xaneiro de 2025: «Equipamento pesqueiro fluvial antigo», realizada por Laura Casal Fernández. Na sala de exposicións «Escolma de escultura» do Museo Arqueolóxico.