O presidente provincial, Luis Menor, asiste á misa solemne polo patrón do San Martiño. Na Catedral de Ourense.
Axenda
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa na entrega do Premio Ourensanía outorgado nesta edición ao empresario ourensán afincado en México Olegario Vázquez Raña. No Teatro Principal.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na entrega de trofeos da carreira popular de San Martiño. No pavillón de Os Remedios.
O deputado de Innovación, Jorge Pumar, asiste ao magosto popular da asociación veciñal de As Curuxeiras.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visita a nova área de estacionamento segura e protexida do polígono de San Cibrao das Viñas. Na parcela da Central de Transportes de San Cibrao das Viñas
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acude III Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares. No Auditorio Municipal de Ourense.
O deputado provincial José María Lago visita os expositores da oitava edición de Antiq Auria, a Feira Internacional de Antigüidades que acolle Expourense.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na inauguración da exposición filatélica San Martiño. No Liceo de Ourense.
O director da área de Cultura da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, acude ao concerto do grupo ourensán Habitación Vudú, que marca o inicio da súa nova xira. No Teatro Principal.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa de presentación de Antiq Auria. En Expourense.
O director da Área de Transparencia, Marcos Valiño, participa na inauguración do IV Encontro Ciber.gal. Na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da exposición "Pulpezas", de Mon Devane. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente provincial, Luis Menor, participa no evento final do proxecto OUDS A2030- No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación do III Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares. Acto público organizado pola AECC. Na Praza Maior de Ourense.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á presentación das novelas de Pilar Lloves. No Liceo de Ourense.
O presidente provincial, Luis Menor, comparece no Parlamento de Galicia para presentar os orzamentos da Deputación de Ourense na Comisión parlamentaria de Economía, Facenda e Orzamentos. (Santiago de Compostela).
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao almorzo informativo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Na Carballeira de Santa Cruz.
O presidente provincial, Luis Menor, preside a sesión semanal da Xunta de Goberno. Na sala de xuntas.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na presentación da X Cata a Arte. Rolda de prensa aberta a medios. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente provincial, Luis Menor, participa na presentación da nova audioguía dixital do patrimonio e o comercio local de Celanova. Acto aberto a medios.. Na rúa Emila Pardo Bazán 12 (Celanova).