Canle Interno Información

Canle Interno Información - Deputación Provincial de Ourense

Para cumprir co establecido na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, a Deputación Provincial de Ourense implantou un sistema interno de información.


Este sistema cumpre coa finalidade da citada Lei permitindo que as persoas físicas poidan informar sobre algunha das accións ou omisións ás que se refire o seu artigo 2, fundamentalmente infraccións do Dereito da UE e infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves.


Na seguinte ligazón poderá acceder a información relevante sobre o sistema interno de información, o responsable do sistema, os dereitos do informante e a política de protección de datos.  Así mesmo, pode consultar o procedemento establecido para a xestión das comunicacións recibidas nesta ligazón.   
 
Para a presentación destas informacións, o Sistema dispón dunha canle interna que permite a comunicación escrita por medio de dúas vías:

  • Unha aplicación informática que cumpre cos criterios de confidencialidade da información e a protección de datos á que se pode acceder a través desta ligazón.
  • Por correo postal remitido á dirección seguinte:
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
RESPONSABLE DO SISTEMA DE INFORMACIÓN INTERNO
Rúa Progreso 32
32003 Ourense

A Lei establece a creación dunha canle externa de información e o nomeamento dunha Autoridade Independente de Protección do Informante.
Toda persoa física poderá informar ante a devandita Autoridade, ou ante as autoridades ou órganos autonómicos correspondentes, da comisión de calquera accións ou omisións incluídas no ámbito de aplicación desta lei, xa sexa directamente ou trala comunicación previa a través da correspondente canle interna.


A información de acceso a esta canle externa exporase neste portal tan pronto como se coñeza.

Anexo I – Modelo de documento de adhesión convenio canle incidencias concellos de menos de 20.000 habitantes (galego e castelán)_