SATISFACCIÓN MODERADA DO BNG NA DEPUTACIÓN DE OURENSE POLA ACTUACIÓN DA FISCALÍA CONTRA JOSÉ LUÍS BALTAR PUMAR

Compartir

En primeiro lugar, queremos manifestar a nosa satisfacción pola decisión do Fiscal Xefe, aínda que satisfacción moderada por canto os motivos que sustentan a querela, nepotismo e clientelismo político, obedecen a prácticas políticas de sobra coñecidas pola opinión pública e pola propia fiscalía.

En primeiro lugar, queremos manifestar a nosa satisfacción pola decisión do Fiscal Xefe, aínda que satisfacción moderada por canto os motivos que sustentan a querela, nepotismo e clientelismo político, obedecen a prácticas políticas de sobra coñecidas pola opinión pública e pola propia fiscalía, denunciados alo longo de máis de vinte anos polo BNG, con nomes e apelidos. Onde estivo e que fixo durante todo este tempo  a Fiscalía ao respecto ? Consideramos que a querela se presenta tarde e máis parece un lavado de cara da propia fiscalía, que noutros procesos sí estivo áxil, que outra cousa.

A querela é produto dunha denuncia que pon o acento sobre as contratacións realizadas por Baltar no proceso precongresual onde o seu fillo asumiu a Presidencia Provincial do partido, pero obvia a verdadeira realidade que é a politica de persoal nesta Institución, non só polo aumento das contratacións realizadas a medida que se aproximaban os distintos procesos electorais, senón da consolidación dun “Statu Quo” onde familias enteiras, parentes, amigos, axentes electorais, consolidaron ao longo de todos estes anos, os seus postos de traballo, mediante procesos de dudosa legalidade.

O Baltarismo supuxo, e segue a supoñer, a peor maneira de entender a política que é a que se sustenta nun principio fundamental que é o poder ao prezo que sexa e a costa de quen sexa. É máis eficaz, canto máis sufrimento e desesperación hai na cidadanía, porque se alimenta da necesidade das persoas. Neste sentido, temos que decir, que o Baltarismo sobrevive ao seu inventor, e segue a ser un instrumento clientelar útil nas máns do seu fillo. Abonda ver como e de que maneira se ven de xestar a contratación de 133 persoas, con cargo a unha subvención da Xunta, vulnerando todos e cada un dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade, así como o de publicidade.

Durante todos estes anos conviviron dous elementos que se foron retroalimentando: un primeiro elemento, a existencia dunha persoa con poucos escrúpulos, capaz de facer calquera cousa con tal de perpetuarse no poder e unha Institución, que nas máns do Partido Popular, adquiren a sua verdadeira razón de ser e de existir: unha máquina que destina gran parte do diñeiro público ao servizo do Partido a través dunha rede clientelar de enormes proporcións. De ahí que, como ten defendido o BNG desde o principio dos tempos, é necesario suprimir estes entes que fagocitan inxentes cantidades de diñeiro, sin que iso revirta no benestar e na maior caliade de vida dos veciños e veciñas da Provincia.

O BNG, dentro do máximo respecto que nos merecen os órganos xurisdicionais, estará expectante co curso dos acontecementos na esfera xudicial, pero á marxe diso entendemos que a querela a Jose Luis Baltar, que hoxe está fora do foco da política, é un torpedo a liña de flotación da política practicada nesta deputación que debería ter a sua translación a aqueles deputados e deputadas que ampararon co seu “beneplácito” ( de ben e Plácido) ou con seu silencio cómplice prácticas nepóticas e clientelares, polo que presentaremos unha iniciativa pedindo a asunción de responsabilidades políticas para que o actual Presidente da deputación cese a todos e cada un dos deputados,  que hoxe forman parte da corporación provincial, e que no mandato pasado fixeron parte da Xunta de Goberno.