Declaración de Bens Grupo Socialista

Compartir

Os deputados e deputadas do Grupo Provincial Socialista veñen de facer públicas,  no día de hoxe, as declaracións  de bens e de incompatibilidades na súa totalidade.

Logo dunha iniciativa presentada no mes de xaneiro de 2012 polo grupo de PSdG-PSOE para que todas e todos os deputados fixeran o mesmo, quedou pendente ata o mes de marzo de 2012 para consensuar un regulamento orgánico.

O grupo do Partido Popular, foi retrasando esta iniciativa durante máis dun ano por presións de varios dos seus deputados que se amosan moi reacios a facer público o seu patrimonio.

Por parte dos tres grupos pactárase que o vindeiro luns 18 se ían estudar todas as declaracións para facelas públicas, aínda que por parte do Grupo Socialista xa se advertiu de que pouco hai que estudar, as declaracións deben facerse públicas na súa totalidade.

O Presidente da Deputación obviando este pacto e de forma unilateral optou por facer pública a súa declaración, rachando os acordos acadados entre os tres grupos. E por elo polo que todas e todos os deputados do Grupo Socialista deciden facer totalmente públicos todos os seus datos patrimoniais e de incompatibilidades.

E esiximos que por transparencia e hixiene democrática, e ante a serie de rumores que existen sobre o patrimonio dalgúns deputados do Partido Popular se fagan públicas as súas declaracións íntegras no prazo de 24 horas.

Tamén botamos en falta que non se fixeran públicas ditas declaracións no momento en que se presentou a iniciativa por parte do PSdG-PSOE, porque daquelas formaban parte desta corporación os deputados D. José Luis Baltar Pumar e D. Antonio Mouriño Villar, sobre os que tamén sobrevoa a dúbida de cal é todo o seu patrimonio e de onde ten saído, e dicimos isto a conta das recentes informacións que aparecen nos distintos medios.

A cidadanía debe coñecer con total transparencia cales son os intereses e o patrimonio daqueles que os gobernan, e xa que José Manuel Baltar Pumar alardea de ser un adaliz da democracia, debería facer público o patrimonio dos seus deputados nas vindeiras vintecatro horas.
 

Declaración de Bens PSG-PSOE