Luis Menor, apoiando á UD Ourense fronte o Lealtad Villaviciosa
O presidente provincial tamén brindou o seu apoio á presentación da "escoliña" do club
Ourense, 19 de abril de 2026.
O presidente da Deputación, Luis Menor, no Couto asistiu esta tarde ao encontro que disputou a Unión Deportiva Ourense contra o Lealtad Villaviciosa.
Un partido moi importante para as aspiracións do equipo ourensán, e tamén importante pola presentación, no descanso deste encontro, da “escoliña”, a base de todo un club. Garantía de futuro do deporte na provincia, polo que tamén loita a Deputación en todas as modalidades.