A Oficina Virtual de Atención ao Cidadán (OUVAC) da Deputación Provincial de Ourense permite a calquera cidadán dirixirse á Deputación para realizar calquera tipo de consulta relacionada coa propia Deputación ou os concellos da provincia.
OUVAC é un sistema omnicanal que facilita ao cidadán dirixirse á administración mediante diferentes canles de comunicación:
- Tfno: 988 317 990
- Mail: ouvac@depourense.gal
- Whatsapp: 671 201 520
- SMS: 683 780 115
- Facebook: https://www.facebook.com/deputacionourense/
Tamén dispón dun asistente virtual que permitirá recoller e atender peticións da cidadanía durante as 24 horas do día.
O proxecto OUVAC está financiado pola Unión Europea “NextGenerationEU” dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Imaxe

Imaxe

Imaxe
