Certamen artes plásticas Deputación de Ourense
A Deputación provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar ós novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, convoca o CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS DEPUTACIÓN DE OURENSE, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.
A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc).