Actividades escénicas e musicais

PECHE CONVOCATORIA

NOVIDADE IMPORTANTE NO CONCURSO PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DAS ACTIVIDADES ESCÉNICAS E MUSICAIS 2025.
A partir da presente convocatoria, serán os promotores os encargados de poñerse en contacto cos actuantes e deberán presentar a correspondente aceptación da actuación na data e hora solicitada polo promotor (MODELO ANEXO V), ante esta Deputación
Provincial, a maiores do resto da documentación pertinente establecida nas bases da convocatoria.
A estes efectos, e no caso de que estes así o consintan de forma expresa, publicaranse na páxina web da Deputación Provincial de Ourense, o listado dos actuantes dispoñibles cos seus datos de contacto.