Grupo Popular (PP)

O grupo popular reitera a reprobación de Alfredo García polo uso “sectario e partidista” que fai da FEGAMP

Os feitos que dan orixe a esta proposta parten da convocatoria que o presidente da FEGAMP fixo a todos os alcaldes da provincia “para impoñer á Deputación de Ourense os criterios de actuación dun partido, menosprezando o respaldo electoral obtivo polo PP, que converteu á institución ourensá no único goberno provincial de Galicia con maioría absoluta”, engadiu o deputado do PP.

Debate sobre o estado da provincia: O grupo popular presenta un decálogo de propostas sociais e económicas, con especial atención á emigración e turismo

A pouco máis de sete meses para o remate deste mandato, Pablo Pérez salientou que as iniciativas presentadas polo PP “non só completan o noso plan de goberno Ourense 15-19, senón que veñen de sentar as bases para futuras accións”.

O PP pedirá no pleno de outubro a homologación do número de integrantes dos GES na provincia

O grupo provincial do Partido Popular pedirá no pleno ordinario de outubro a homologación do número de integrantes dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) existentes na provincia, considerando que para a prestación dun servizo adecuado e de carácter permanente é necesario un equipo integrado por doce persoas.

Na actualidade, Ourense conta con nove GES con base en Pereiro de Aguiar, Ribadavia, Avión, Muíños, Lobios, Laza, Castro Caldelas, A Gudiña e O Barco, integrados por un total de 92 membros.