O PP presenta unha iniciativa para desenvolver unha lei que regule a profesión de Educación Social
O grupo provincial popular presentará no pleno ordinario de xullo unha proposta de apoio á iniciativa posta en marcha polos educadores sociais, para que tanto a Xunta de Galicia como o Goberno central desenvolvan unha lei de regularización da profesión de Educación Social.