O deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, asiste ao Encontro Hábita Rural, destinado a axentes clave na recuperación de entornos rurais. No Salón de Plenos do Concello de Carballeda de Avia.
Axenda
O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participa na presentación do 9º Rally Mix Concello de Barbadás "Memorial Gonzalo Belay". No polideportivo municipal de Barbadás.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á lectura do manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido na sede da asociación DCA Ourense. Rúa Clara Campoamor, 15 (ao carón do parque Barbaña).
O presidente da Deputación, Luis Menor, participa na inauguración do 74 Congreso Científico Internacional de la Federación Mundial de Hidroterapia y Climatoterapia. No Liceo de Ourense.
O presidente da Deputación, Luis Menor, realizará unha visita a Escola Provincial de Artes e Oficios. Rúa da Canle, 4.
O presidente provincial, Luis Menor, asiste á inauguración do SUMMIT Internacional, punto de encontro da empresa de Galicia e Norte de Portugal. No Hotel OCA Vila de Allariz.
A deputada de Mocidade e Igualdade, Teresa Barge, asíste en representación da Deputación á estrea da curtametraxe do documental "Entre fios e raíces". Nos cines Ponte Vella.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, asiste á presentación do XI Congreso Internacional de Patrimonio Inmaterial e Educación, organizado desde o CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza, xunto coa Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo e Ponte... Nas Ondas. Na sala de prensa da Deputación e vía streaming (depourense.seneca.tv/lives).
O director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González, asiste ao IX Ciclo Cata a Arte. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
.- Sesión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación. Na sala de xuntas do Pazo Provincial. Enviaranse imaxes e nota de prensa cos acordos adoptados.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste aos festexos conmemorativos do 25 aniversario da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco en Galicia. No colexio Salesianos.
- A deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, asiste á saída da III BTT Ruta do Viño Valdeorras. O Aguillón (A Rúa).
A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, asiste aos actos do 25 aniversario da Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO). No auditorio de Verín.
O presidente provincial, Luis Menor, asiste á saída da Ruta dos Zapateiros. En Vilanova dos Infantes.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á actividade "Palillando entre barrios" que organiza a asociación de veciños As Termas de Ourense. Na praza 200.
O presidente provincial, Luis Menor, asiste á inauguración da VII Xornada de Convivencia de Agrupacións de Protección Civil no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A partir das 15.00 horas participará nun xantar de convivencia no polideportivo de Pereiro de Aguiar. Enviarase nota de prensa e imaxes.
- A deputada de Política Social, Patricia Torres, participa no descubrimento dunha placa conmemorativa da III Andaina Cultural "Camiño de Nós". Na Casa do Zapateiro do Irixo.
O presidente da Deputación, Luis Menor, é entrevistado por Carles Lamelo no programa de emisión nacional "Gente Viajera", de Onda Cero. No centro cultural Avenida da Rúa.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración das actividades do curso 2023-2024 da Asociación Xuvenil Amencer. Praza don Bosco.
- O deputado de Novas Tecnoloxías, Xosé María Pérez Blecua, asiste á I Xornada sobre Comunidades Enerxéticas en Abenójar (Ciudad Real).