A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, recibe na Deputación a unha delegación do goberno da provincia china de Qinghai, encabezada polo seu vicegobernador, varios deputados e un director de relacións exteriores. Enviarase fotonoticia.
Axenda
Sesión ordinaria da xunta de goberno da Deputación. Na sala de xuntas. Enviaranse imaxes e nota de prensa cos acordos adoptados.
- O presidente provincial, Luis Menor, continúa coas roldas de contactos cos alcaldes e alcaldesas da provincia. Hoxe, reunirase con Eva María Pérez (Vilardevós), Rodrigo Aparicio (A Arnoia) e Francisco José Fernández (Leiro). Enviarase fotonoticia.
- O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, asiste á entrega de premios da XLVI Carreira San Martiño.
- O presidente provincial, Luis Menor, saúda aos participantes no encontro do "corpo diplomático" de Fenavin, a feira vitivinícola máis importante de España. Logo, a partires das 12.30 horas, o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, asistirá ao acto público de presentación do seu Decálogo.
- O presidente provicial, Luis Menor, asiste á procesión e misa de solemnidade polo patrón de Ourense, San Martiño. Na Catedral.
- O deputado de Innovación, Jorge Pumar, asiste ao magosto da AVV As Laxas. Nas Curuxeiras.
- O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, asiste ao acto de entrega Premio Otero Pedrayo de Oratoria, que terá lugar na Casa museo Otero Pedrayo, en Trasalba (Amoeiro).
- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, preside o acto de entrega do Premio Ourensanía 2023 ao modisto Adolfo Domínguez, que contará coa participación do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. No Teatro Principal. Aberto a medios. Prégaselle aos gráficos que estean 20 minutos antes dadas as características do acto.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da XXXIII Exposición San Martiño que terá lugar no Liceo de Ourense.
.- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participa na entrega da Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia. Na sede da entidade: rúa García Barbón, 62 (Vigo).
- O presidente provincial, Luis Menor, reúnese na Deputación co presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino. Só gráficos. Enviarase nota de prensa.
O presidente provincial, Luis Menor, preside a primeira Mesa Termal. Na sala de xuntas da Deputación. Enviarase foto e nota de prensa.
- O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, participan na rolda de prensa para presentar espectáculo "Voces Femininas 2023". No Teatro Principal.
- O presidente provincial, Luis Menor, recibe na Deputación á presidenta de AJE, Nuria Iglesias. Fotonotica.
O deputado de Turismo, Rosendo Fernández, participa na mesa de traballo do Clúster de Turismo de Galicia para Iniciar o proceso de elaboración do Diagnóstico Estratéxico da situación do turismo en Galicia, coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
- O presidente provincial, Luis Menor, asiste a unha visita á Ínsua dos Poetas. A Esgueva (O Carballiño). Enviarase nota de prensa e imaxes.
O presidente provincial, Luis Menor, recibe ao rector da UNED, Ricardo Mairal Usón. No Pazo Provincial. Enviaranse imaxes.
O presidente provincial, Luis Menor, recibe ao alcalde da Teixeira, Xosé Vázquez. Ás 18.15h recibirá tamén ao rexedor de Manzaneda, Amable Fernández. Enviaranse imaxes.
O presidente provincial, Luis Menor, participa no acto de apertura do curso académico da UNED, que estará presidido por primeira vez polo rector da Universidade Nacional a Distancia, Ricardo Mairal Usón. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. Enviarase nota de prensa e imaxes.