A corporación provincial celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. No Salón de Plenos dca Deputación.
Axenda
A deputada delegada para Valdeorras, María del Carmen González, asiste á inauguración da exposición "Pizarra". No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste á entrega do LXV Premio Fernández Latorre. No Museo Santiago Rey Fernández-Latorre (Arteixo; A Coruña).
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración do XXIII Congreso Internacional de Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo. No Centro Cultural José Ángel Valente.
O presidente Luis Menor preside o acto pola Igualdade organizado pola Deputación de Ourense con motivo da celebración do 25N. No parque da Igualdade no encoro de Cachamuíña (Pereiro de Aguiar).
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da LXVII Reunión da Sociedade Galega de Cirurxía de Galicia (SOCIGA). No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado pola deputada de Igualdade e Mocidade, Teresa Barge, preside o acto de entrega dos premios do I Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero. No Salón de Plenos da Deputación.
O presidente da Deputación, Luis Menor, participa na clausura da Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. No edificio multiusos do polígono.
O presidente provincial, Luis Menor, reúnese co xefe provincial de Tráfico e co capitán da Garda Civil de Tráfico, David Llorente e Javier Barja, respectivamente.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa en expourense na presentación de Sportur Galicia, VI Salón de Turismo de Deporte de Galicia.
O vicepresidente terceiro, Plácido Álvarez, participa por videoconferencia na Comisión Executiva do Eixo Atlántico.
A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, participa na presentación do calendario de Down Ourense. No campo de fútbol de Coles.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación da revista "Ti és xente do redor". No centro comercial Ponte Vella.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na inauguración da exposición "Lugar sen medida". No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asiste ao acto de entrega dos Premios TFG José Manuel Pérez Canal. Na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
O presidente provincial, Luis Menor, preside o acto de entrega da Medalla de Ouro da provincia a Antonio Carreño. No Salón de Plenos da Deputación.
A deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, asiste á presentación da aplicación "Ourentónomos". Na Casa Grande de Viloira (O Barco de Valdeorras)
Reunión do Padroado da Fundación Blanco Amor. Na Sala de Xuntas.
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, asisten á xornada gastronómica "Da orixe á esencia". En Pitelos (Verea).