Axenda

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, clausura o acto "Mulleres referentes no audiovisual ourensán", coa entrega do recoñecemento á actriz e directora Mariana Carballal. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, inaugura a XIII Conferencia Política da Confederación Europea dos Poderes Locais Intermedios (CEPLI). Manuel Baltar estará acompañado neste acto de apertura polo presidente da CEPLI, André Viola, e o secretario xeral da FEMP, Carlos Daniel Casares. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da XVI edición do Festival Pórtico do Paraíso, que se celebrará do 5 ao 14 de maio de 2023. Rosendo Fernández estará acompañado polo director do Agadic, Jacobo Sutil, e o director do festival, Juan Enrique G. Miguens. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación da convocatoria das bolsas INOU 2023, un programa específico de apoio a grupos de investigación do campus de Ourense. Lugar: Salón de graos do Edificio de Ferro do Campus de Ourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na Asemblea Xeral da Confederación Europea de Poderes Locais e Intermedios (CEPLI). Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel. Os gráficos poderán tomar imaxes nos primeiros minutos da reunión.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á final do Campionato de España de fútbol sala de seleccións autonómicas en categoría cadete. A partir das 12,45 horas, Rosendo Fernández tamén asistirá á final deste mesmo campionato en categoría xuvenil. Lugar: Pazo dos Deportes Paco Paz (Ourense).
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita o proxecto de ampliación do polígono de San Cibrao das Viñas, nun acto presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Lugar: Rúa Ricardo Martín Esperanza (San Cibrao das Viñas).
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asiste á inauguración do hotel Acouga, en Celanova, nun acto presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Lugar: Rúa Emilia Pardo Bazán (Celanova).
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación da BSO da película "O home e o can", acompañado polo director do filme, Ángel de la Cruz, e o compositor, Jaime Fernández. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa no corte de cinta previo á saída oficial da 3º etapa de O Gran Camiño (Esgos - Rubiá / Monte Castelo). Lugar: Rúa do párroco José Ramón Iglesias (Esgos).
A deputada Patricia Torres asiste á xuntanza de finalistas da XXI edición dos Premios Mestre Mateo. Lugar: Hotel Oca Vila de Allariz.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa no acto de entrega de premios da 3º etapa de O Gran Camiño (Esgos - Rubiá / Monte Castelo). Lugar: Alto do Castelo (Rubiá).
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro. Lugar: Salón de plenos do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presenta o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala en categoría cadete e xuvenil masculina, que se disputará do 2 ao 5 de marzo no Paco Paz e Os Remedios. Manuel Baltar estará acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; e o tenente alcalde do Concello do Ourense, Armando Ojea. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación do concerto tributo a Pucho Boedo, que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro no Teatro Principal. César Fernández estará acompañado por Julio Somoza e José Antonio Alvar, director musical e cantante da Burgas Big Band. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o coordinador técnico da ICC Week, Juan Rivas, presentan este mércores e xoves a novena edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas en Pública 23, "Encuentros profesionales de Cultura", que comeza esta tarde en Madrid. Lugar: Sede de La Fábrica e Círculo de Bellas Artes de Madrid. Enviarase nota de prensa, fotografías e vídeo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comparece en rolda de prensa para dar conta de temas de actualidade do goberno provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, copresiden o acto de entrega do título de fillo predilecto da provincia de Ourense a título póstumo a José Quiroga Suárez (Petín, 1920 - A Rúa, 2006), presidente da Xunta de Galicia entre 1979 e 1982. Lugar: Salón de plenos do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta o Programa Provincial do Entroido 2023. Manuel Baltar estará acompañado polo alcalde de Toén, Ricardo González. Lugar: Centro de Interpretación do Entroido de Mugares (O Moreiro, Mugares -Toén).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do Campionato de España de remo de longa distancia e do Campionato de España de remo de seleccións autonómicas, que se disputarán o fin de semana do 18 e 19 de febreiro en Castrelo de Miño. Manuel Baltar estará acompañado polo delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o vicepresidente da Federación Española de Remo, Ricardo Unzueta; o presidente da Federación Galega de Remo, José Luis Méndez; o director xeral de Caldaria, Javier Soto; e a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte. Lugar: Paseo fluvial de Castrelo de Miño.