Comunicado do Grupo Provincial do BNG
Trala reunión dos portavoces dos grupos provinciais na Xunta celebrada ao efecto acordouse fixar unha data para a presentación das declaracións de bens patrimoniais e de incompatibilidades dos deputados/as provinciais, quedando fixada ésta no 17 de marzo, para, acto seguido, publicalas na web da deputación, tal e como indica o regulamento da Institución.
Os deputados do BNG presentaron a documentación en tempo e forma (7 de marzo) sin que a día de hoxe se fixeran públicas, na súa integridade, tal como defendimos na reunión, as respectivas declaracións.