Bloque Nacionalista (BNG)
O GRUPO PROVINCIAL DO BNG LEVA A PLENO UNHA PROPOSTA PARA REXEITAR O PROXECTO DUNHA CANTEIRA NO CONCELLO DE CASTRELO
O Consello da Xunta, cun goberno en funcións, ven de declarar a incidencia supramunicipal, o pasado 20 de setembro, do proxecto sectorial de actividades extractivas, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da concesión de explotación Santa Lucía número 4875.1, no concello de Castrelo de Miño.
Desde o grupo provincial do BNG entendemos que ese acordo vulnera:
O BNG CUESTIONA O ELEVADO PREZO POLA COMPRA DE ONCE VEHÍCULOS, DESTINADOS Á FLOTA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
O modelo de adquisión utilizado é o de “renting”, fórmula pola cal a deputación paga mensualmente as seguintes cantidades: Nº DE VEHÍCULOS VEHÍCULO PREZO MENSUAL 1 Volkswagen Passat 941.38 2 Peugeot 308 567.49 cada un 6 Peugeot 208 447.70 cada un 2 Peugeot Partner Teppe 800.00 cada un Na consideración do portavoz do grupo provincial, e segundo os datos contrastados con distintos concesionarios de vehículos, esta fórmula de adquisición, vai supór para as arcas provinciais un sobreprezo no lote dos vehículos adquiridos de máis de 120.000 euros durante a duración do contrato.
SATISFACCIÓN MODERADA DO BNG NA DEPUTACIÓN DE OURENSE POLA ACTUACIÓN DA FISCALÍA CONTRA JOSÉ LUÍS BALTAR PUMAR
En primeiro lugar, queremos manifestar a nosa satisfacción pola decisión do Fiscal Xefe, aínda que satisfacción moderada por canto os motivos que sustentan a querela, nepotismo e clientelismo político, obedecen a prácticas políticas de sobra coñecidas pola opinión pública e pola propia fiscalía, denunciados alo longo de máis de vinte anos polo BNG, con nomes e apelidos. Onde estivo e que fixo durante todo este tempo a Fiscalía ao respecto ?
O GRUPO PROVINCIAL DO BNG PRESENTA SENDAS MOCIÓNS, PARA DEBATE NO PLENO DE NOVEMBRO, RELATIVAS AOS DESAFIUZAMENTOS E A PROBLEMÁTICA NO SECTOR LACTEO
A crise económica, onde a burbulla inmobiliaria tivo un papel fundamental, está a provocar un aumento desmesurado de desafiuzamentos que nos pón diante dun drama social de dimensións preocupantes. Medra o número de familias que quedan sen fogar, os bancos quédanse coas vivendas, pero a débeda segue pendente. A voracidade dos bancos non se satisface cos casos dramáticos de familias e personas que logo de pagar altas amortizacións e intereses polos préstamos son botadas fóra do seu fogar.
O BNG RESPALDA AS DEMANDAS DAS ALCALDES E DOS EMPRESARIOS EN RELACIÓN COA A-76
O pasado 15 de xaneiro, a Comisión de seguimiento da A-76, na que están integradas as alcaldías dos concellos de Ponferrada, O Barco e Monforte , así como asociacións empresariais das distintas comarcas afectadas, preocupados polo incumplimento dos prazos en relación coa execución da autovía A-76, Ponferrada-Ourense, acordou dirixirse ao Goberno do Estado e á titular do Ministerio de Fomento, Ana Pastor, co obxectivo de suscitarlle a licitación por tramos da autovía, atendendo a especial perigosidade que ofrece a actual estrada, xa que o corte da N-120 durante os tres últimos meses do ano,
O PORTAVOZ DO GRUPO PROVINCIAL, PÍDELLE A BALTAR QUE EXERZA A SUA OURENSANÍA E DEA A BATALLA DIANTE DO PRESIDENTE DA XUNTA PARA QUE SE EXECUTE E REMATE NA SUA INTEGRIDADE, E NOS PRAZOS PREVISTOS, A VÍA RÁPIDA A MEZQUITA (A MERCA)-FRONTEIRA PORTUGUESA
O BNG presentou para o debate no vindeiro Pleno da deputación unha iniciativa, que terá, tamén, a súa réplica nos concellos das comarcas afectadas e no Parlamento Galego, na que lle pide a Baltar, en representación da corporación provincial que se posicione en contra do anuncio feito pólo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e que se poña do lado dos alcaldes, empresari@s e comerciantes, así como os veciñ@s das Comarcas afectadas, que consideran un ejemplo máis de marxinación para a nosa Provincia.
Paxinación
- Páxina anterior
- Páxina 11
- Páxina Seguinte