MOCIÓN PARA A MODIFICACIÓN DA LEI 8/2019 DE 23 DE DECEMBRO DE REGULACIÓN DO APROVEITAMENTO LÚDICO DAS AUGAS TERMAIS DE GALICIA.
Exposición de motivos:
É un feito indiscutible que a Lei 8/2019, do 23 de decembro, lonxe de promover a nosa riqueza termal natural, actuou como un obstáculo burocrático e unha ferramenta para sofocar o turismo termal en Ourense. A normativa vixente impón uns requisitos técnicos e sanitarios desproporcionados, deseñados desde unha perspectiva administrativa que ignora a realidade física e social das nosas pozas e espazos tradicionais.