A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, asiste á presentación da VII Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) Ribeira Sacra 2023. Na sala de xuntas da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.
Axenda
O deputado de Innovación, Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, participa no Consello Político extraordinario da Asociación Europea de Gobernos Provinciais Intermedios (Partenalia), que se celebra en Bruxelas. Enviarase nota e imaxes.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asiste á primeira sesión do Debate sobre o estado da Autonomía. No Parlamento de Galicia
A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, asiste á presentación do II Partido Benéfico Contra o Cancro de Mama, organizado pola Asociación contra o Cancro de Ourense. Na sede da AECC (Doutor Marañón, 21)
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da 44ª Festa da Pataca de Vilar de Barrio.
O deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé María Pérez Blecua, asiste á entrega de premios do VII Trail Ribeira Sacra.
O deputado de Deportes, César Fernández, participa na entrega de trofeos da VII Copa Deputación de Equitación e Doma Clásica. No hipódromo de Antela
O deputado Jorge Pumar asiste en representación da Deputación de Ourense á entrega de premios da XIII Copa Deputación de Loitas Olímpicas. No pavillón municipal de Oira.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á XIII Festa dos Callos, organizada pola Asociación de Veciños As Laxas. Nas Curuxeiras.
O deputado Jorge Pumar, en representación do Goberno provincial, asiste ao XVIII Festival Internacional de Corais e Rondallas. Na parroquia de Santa Teresita.
O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste á gala de clausura do Festival de Cine. No Auditorio Municipal.
O presidente do Inorde, Rosendo Fernández; e o deputado de Medio Ambiente, José María Lago, asisten á inauguración do II Foro da Castaña. No Edificio Multiusos de Riós.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á inauguración do Congreso de Historia Veterinaria Galega. No Liceo de Ourense.
O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste aos actos organizados pola Asociación de Empresarios de Autoescolas de Ourense con motivo do día do patrón deste colectivo profesional. Nos Salóns Cabú (Vilarnaz, Coles).
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa no recorrido de apertura da 7ª edición de ANTIQ AURIA, Feira Internacional de Antigüidades de Ourense. En Expourense.
O deputado delegado de Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, asiste á visita ao fin de obra das sendas na estrada OU-105 que desenvolveu a Xunta. Punto de encontro: estrada OU-536, fronte á gasolineira, na zona da parada de bus de baixada a Ourense.
O presidente provincial, Luis Menor, recibe a unha delegación de alcaldes de México. No Salón de Plenos do Pazo Provincial. Acto aberto a medios
A deputada delegada de Mocidade, Teresa Barge, asiste á inauguración das XI Marchas Ciclistas Unificadas Special Olympics Galicia. No campo de fútbol Luis Cid Carriega (Allariz).
O deputado delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á entrega dos VII Premios María Luz Morales de Ensaio Audivisual, da Academia Galega do Audiovisual. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente provincial, Luis Menor, recibe aos alcaldes dos municipios do Pacto da Pedre. Na Sala de Xuntas da Deputación. Haberá declaracións aos medios