O presidente provincial, Luis Menor, continúa coa rolda de encontros con alcaldes da provincia: Juan Carlos González (Pontedeva), Manuel Garrido (A Merca), Sandra Quintas (Bande), Patricia Domínguez (Trives), Rebeca Sotelo (Cenlle) e Asunción Morgade (Rairiz de Veiga).
Axenda
O deputado delegado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, asiste en representación da Deputación ao II Simposium Urban Solutions. No edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O presidente provincial, Luis Menor, asiste á entrega do Premio OUFF-Televisión ao director xeral de Contidos de Mediaset España, Manuel Villanueva. No Teatro Principal.
O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración do Seminario para a presentación do Mapa de Cohesión Social do Eixo Atlántico. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á presentación oficial da nova asociación Mirada Mulleres +60. No Liceo de Ourense.
O presidente provincial, Luis Menor, comparece en rolda de prensa xunto ao director da área de Medio Ambiente da Deputación, Javier Bobe, e o responsable técnico de AquaOurense, Víctor Comesaña, para dar conta dunha resolución sobre o PERTE de dixitalización da auga, que concede 7,75 millóns de euros á Deputación. Na Sala de Prensa e vía streaming (depourense.seneca.tv/lives).
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á presentación da 7ª edición de ANTIQ AURIA, Feira Internacional de Antigüidades de Ourense. En Expourense.
O presidente provincial, Luis Menor, asiste ao acto institucional e entrega de medallas con motivo da Festividade dos Anxos Custodios, Día da Policía Nacional. No Auditorio Municipal de Ourense.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao acto de apertura do curso 2023-2024 nos Seminarios Maiores. No colexio Divino Maestro.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, e o director da escola, Francisco González, asisten á inauguración do curso 2023-2024 da Escola de Artes e Oficios (rúa Canle, 4). Enviaranse nota e fotografías.
O presidente da Deputación, Luis Menor, acompañado polo vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, asiste á saída do 37º Día da Bici. César Fernández participa posteriormente na entrega de premios (en torno ás 13.30 horas). Na Alameda.
A deputada delegada de Mocidade, Teresa Barge, asiste ao acto de apertura da II Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social. No edificio de usos múltiples do Concello de Lobios.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de setembro. Salón de plenos e a través de internet (depourense.seneca.tv/lives).
O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentará aos alcaldes da comarca a nova sede da Deputación en Valdeorras. Na Casa Grande de Viloira. Intervención aberta a medios
A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, asiste ao acto público de inauguración do Trail Enfermero. Na praza do Bispo Cesáreo.
O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste á Asemblea do Consorcio de Augas de Valdeorras. Na Casa Grande de Viloira. Só gráficos.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa xunto á directora do Teatro Principal, Olga Mojón, na rolda de prensa de presentación do 16º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). No Teatro Principal.
O presidente da Deputación, Luis Menor, reúnese cos representantes do Clúster da Pizarra de Valdeorras. Na Casa Grande de Viloira. Só gráficos
Sesión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense. Enviarase fotografía e nota de prensa cos acordos adoptados.
O presidente da Deputación, Luis Menor, intervirá no acto público de presentación do Programa Innovatech FP. No Centro Galego de Innovación da FP "Eduardo Barreiros".