O vicepresidente segundo e deputado delegado de Cultura, César Fernández, asiste ao Festival Espíritu Ribeiro. En Expourense.
Axenda
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asiste á entrega do Veliano de Honra 2023, da Fundación Carlos Velo. No auditorio de Outumuro, en Cartelle.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa xunto á directora do Teatro Principal, Olga Mojón, na rolda de prensa de presentación de "Made in Galiza", o último espectáculo de Sarabela Teatro. No Teatro Principal.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na rolda de prensa de presentación do 37º Día da Bici. Na Sala de Prensa da Deputación. Emitirase en streaming a través de depourense.seneca.tv/live
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na entrega de premios e inauguración da exposición do XVII Certame de Artes Plásticas para novos creadores da Deputación de Ourense. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibe no Pazo Provincial ao director-xerente de Expourense, Rogelio Martínez. Enviarase fotonoticia
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e delegado de Deportes, César Fernández, asiste á presentación do XI Rally Ourense Ribeira Sacra. Na Ponte Romana da capital.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibe no Pazo Provincial, a partir das 17.00 horas, á alcaldesa de Maceda e aos rexedores de Xinzo de Limia, Avión, Montederramo e Xunqueira de Ambía. Enviaranse nota e fotografías.
A deputada provincial de Igualdade e Mocidade, Teresa Barge, participa nos actos de conmemoración do XX aniversario do centro de interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova. En Porto Quintela (Bande).
A deputada portavoz e delegada de Políticas Sociais, Conciliación e Envellecemento Activo, Patricia Torres, asiste aos actos organizados con motivo da celebración de "Un día na honra de Otero Pedrayo". En Trasalba.
O deputado provincial de Dinamización de Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, asiste á XVI Feira Concurso Exposición de Gando Vacún de Castro Caldelas. Na rúa do Toural.
O presidente provincial, Luis Menor, participa no XXIII Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella Galicia. No Teatro Principal.
O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participa na entrega de premios do Trofeo Deputación de Ourense da Clase Optimist Gran Premio Aceites Abril. No Club Náutico de Castrelo de Miño.
A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, participa no acto de nomeamento de "Valdeorrés ilustre" ao abade e deputado nas Cortes de Cádiz, Antonio José Ruíz Padrón, no bicentenario do seu falecemento. Na Casa Consistorial de Vilamartín de Valdeorras.
Presentación do II Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia, co presidente do Inorde e deputado de Turismo, Rosendo Fernández; o presidente de La Academia de la Tapa y el Pintxo de España, Mikel Martínez; o presidente da asociación "Cociña Ourense", Gerson Iglesias; e o vicepresidente de "Amigos de Cociña Galega", Paco Gómez. Na sala de prensa da Deputación e vía streaming en depourense.seneca.tv/lives
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á entrega do Premio "Celanova, Casa dos Poetas", na Praza Maior e Claustro Barroco de Celanova.
O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste á inauguración do II Festival Céltico de San Amaro, no Castro de San Cibrán de Lás.
O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste á XII Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa, no recinto do Colexio Público de Celeiros.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á XII Festa de Exaltación do Porco ó Espeto, no Campo da Feira da Merca.
- O presidente provincial, Luis Menor, recibe no despacho da Deputación ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. Só gráficos. Enviarase nota de prensa.