Axenda

A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participará na presentación do "Espirito Ribeiro 2023", festival de sabores, música e produto de proximidade. No Club Náutico de Castrelo de Miño
O deputado provincial delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participará na presentación da XII Festa de Exaltación do Porco ó Espeto de A Merca, rolda de prensa que terá lugar na sala de prensa do Pazo Provincial e na que tamén intervirán o presidente da asociación "A peneda da lebre", Manuel Carrera Grande; o tesorero da asociación "A peneda da lebre", Lucas Grande Iglesias; e o concelleiro de Cultura e Deportes do Concello de A Merca, José Benito Sampedro Feijóo.
O deputado provincial delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participará na presentación do XI Roteiro BTT Parroira Bike de A Merca, que terá lugar na sala de prensa do Pazo Provincial e na que tamén intervirán o presidente e secretario da asociación "BTT Parroira Bike", Alberto Taín Fernández e José Ribo Touza, respectivamente; e o 2º tenente de alcalde do Concello de A Merca, José Manuel Taín Fernández.
- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asiste ao desfile da Festa da Istoria, que partirá desde o Pavillón Deportivo ata o Castelo de Ribadavia.
- O deputado provincial delegado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, asiste á XXXVIII Xuntanza internacional de gaiteiros de Monterrei, na explanada do Castelo.
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, asiste á visita organizada pola Xunta de Galicia de fin de obra do albergue de peregrinos de Piñor, no Arenteiro, ao carón da capela da Peregrina.
A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, asiste ao acto de homenaxe ao grupo de arqueólogos "Os Escarbadores", a quenes se lles debe case a totalidade dos descubrimentos arqueolóxicos da comarca de Valdeorras. O acto será na Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras.
.- O presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de presentación da Feira Alimagro, referente nacional para o sector agrario, que aglutina as novidades en canto ao cultivo de pataca e a maquinaria agrícola. Tamén participarán na rolda de prensa o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o director de Campo, Máximo Gómez. Na sala de prensa do Pazo Provincial.
- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participará na presentación da XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei, rolda de prensa que terá lugar na sala de prensa do Pazo Provincial e na que tamén intervirán o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo.
- O vicepresidente segundo e deputado provincial de Deporte da Deputación de Ourense, César Fernández, participará na presentación do III Torneo Internacional Ourensanía-Concello de Cartelle, que terá lugar o luns, 21 de agosto, na sala de prensa do Pazo Provincial.
- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, asistirá á entrega de premios do III Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Ourense, que se celebrará o domingo, 20 de agosto, no Club Santo Domingo, en O Pereiro de Aguiar.
- O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participará na visita á Casa do Legoeiro en Ourense, que se realizará con motivo da licitación da súa obra e próximo comezo da súa rehabilitación.
.- A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, asistirá ao acto de apertura da IV edición de "Marco Petín", que terá lugar no teleclube de Petín.
O deputado provincial delegado de representación institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación da 4ª Subida a Taboadela que terá lugar na Casa de Oficios do municipio (rúa do Campo).
O vicepresidente segundo da Deputación e deputado delegado de Cultura, César Fernández, asiste ao peche das Xornadas de Folclore no auditorio do castelo de Ribadavia, coa actuación dos grupos Tungurahua (Ecuador), Amazebra (Sudáfrica) e Bafolse (Arxentina), Bafopaz (Bolivia), Hei Shou Tahití "Ori" e Poltava (Ucraína).
Os grupos participantes -Tungurahua (Ecuador), Amazebra (Sudáfrica), Bafolse (Arxentina), Bafopaz (Bolivia), Hei Shou Tahití "Ori" e Poltava (Ucraína)- desfilan polas rúas de Ourense -parque de San Lázaro, Paseo e Lamas Carvajal- para actuar despois na praza Maior.
O deputado delegado de Dinamización do Medio Rural, Xosé M. Pérez Blecua, asiste á I Feira Irmandiña de O Bolo. 
Na praza do Prado, cos grupos Bafopaz (Bolivia), Hei Shou Tahití "Ori" e Poltava (Ucraína).
Na praza Maior, cos grupos Tungurahua (Ecuador), Amazebra (Sudáfrica) e Bafolse (Arxentina).
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participa na XIII Festa de Artesanía de Cortegada. Na praza Buenos Aires – Hermanos Álvarez