O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, recibe no salón de plenos do Pazo Provincial aos representantes dos grupos participantes na XXXVII edición das Xornadas de Folclore. Lugar: Salón de plenos do Pazo Provincial. So gráficos.
Axenda
Os grupos de Angola, Colombia e México participantes na XXXVII edición das Xornadas de Folclore actúan en Maceda. Lugar: Praza das Toldas (Maceda)
Os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile participantes na XXXVII edición das Xornadas de Folclore actúan en Allariz. Lugar: Campo da Barreira (Allariz)
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación do V Festival Internacional de Curtas de Comedias, o Festival RIR, acompañado pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; a edil de Cultura do Concello de Allariz, Iria González; e os organizadores Óscar Doviso e José Freiría. Lugar: Campo de Os Brancos (Allariz).
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación do VIII Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia, acompañado polo alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez; o cacharreiro e organizador do encontro, Agustín Vázquez; e a guía cultural do museo de Niñodaguia e organizadora do encontro, Mónica Blanco. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
Os grupos de Angola, Colombia e México participantes na XXXVII edición das Xornadas de Folclore actúan en Celanova. Lugar: Claustro do mosteiro de Celanova.
Os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile participantes na XXXVII edición das Xornadas de Folclore actúan en Carballiño. Lugar: Praza Maior de Carballiño.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación da XII Feira de Artesanía e Porco Celta de Cortegada, acompañado polo alcalde deste municipio, Avelino de Francisco. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
Os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile participantes na XXXVII edición das Xornadas de Folclore actúan en Bande. Lugar: Praza da Constitución, Bande.
Os grupos de Angola, Colombia e México participantes na XXXVII edición das Xornadas de Folclore actúan no concello de A Rúa. Lugar: Parque do Aguillón, A Rúa.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste á cerimonia de inauguración da XXXVII edición das Xornadas de Folclore. Lugar: Teatro Principal.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na inauguración da Coupe de la Jeunesse 2022. Lugar: Parque Náutico de Galicia (Castrelo de Miño).
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na inauguración da XLII Festa do Pemento de Arnoia. Lugar: A Queixeira, Arnoia.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, intervén na presentación das XXXVII Xornadas de Folclore. Estará acompañado pola xefa territorial de Cultura, Sandra Quintas e o coordinador das xornadas, Xulio Fernández. Lugar: Sala de prensa da Deputación. A rolda de prensa poderase seguir en directo a través da web da Deputación.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita en Ourense a rodaxe de "Amigos hasta la muerte", película dirixida por Javier Veiga co patrocinio da Deputación. Lugar: La Zapatería del Abuelo (rúa da Paz, 2, Ourense) Intervención aberta a medios.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, intervén na presentación do festival Espírito Ribeiro 2022. Estará acompañado polos alcalde de Castrelo, Avelino Pazos, Cenlle, José Manuel Rodríguez, e Arnoia, Rodrigo Aparicio; o delegado da Xunta, Gabriel Alén, o presidente do Consello Regulador da DO Ribeiro, Juan Manuel Casares, e a xerente do Inorde, Emma González.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xullo. Lugar: Salón de plenos do Pazo Provincial. A cobertura informativa poderá realizarse de xeito presencial ou por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
A deputada de Cultura, Patricia Torres, preside a reunión do xurado da XIX edición do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de narración. Lugar: Sala de Xuntas da Deputación. So gráficos.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da Festa Mexicana de Avión, que se celebra neste municipio o venres 12 de agosto. Rosendo Fernández estará acompañado polo alcalde de Avión, Antonio Montero. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación das actividades que se realizarán no Camiño Miñoto Ribeiro arredor da Peregrinación Europea de la Juventud (PEJ) 2022. César Fernández estará acompañado pola alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez; a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres; o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto Ribeiro, Avelino de Francisco, e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Miñoto Ribeiro, David González. Lugar: Sala de prensa da Deputación.