Axenda

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, intervén na presentación do XIII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, o V Serán da Seitura e a Noite Celta de Manzaneda, que se celebrarán en Manzaneda o 30 e 31 de xullo. O vicepresidente estará acompañado polo alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, o director da estación de montaña de Manzaneda, Víctor Manuel Picos e polo director da Escola e a Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación da programación do segundo semestre do 2022 do Teatro Principal. Estará acompañado polo director do Agadic, Jacobo Sutil, e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón. Lugar: Teatro Principal.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na reunión da Xunta Rectora do Consorcio do Centro Asociado á UNED de Ourense. Lugar: Sala de Xuntas do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Só gráficos.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da Copa Galicia de Baloncesto, que se disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz entre o 15 e 17 de setembro coa participación do Breogán, Obradoiro, Básquet Coruña e COB. Lugar: Concello de Ourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, intervén por videoconferencia na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Lugar: rúa Nuncio, 8 (Madrid).
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación do libro "Nosotras, las futbolistas de la selección española", escrito por Alma Marín Berbís. Lugar: Liceo de Ourense.
A deputada Ana Villarino asiste á inauguración do primeiro Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego. O acto estará presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Lugar: Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presiden a entrega da Medalla de Ouro da provincia de Ourense ao lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz. Lugar: Salón de plenos da Deputación. O acto poderase seguir en directo a través da web da Deputación.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside a XIV edición da Festa da Palabra, organizada polo goberno provincial e a Fundación Insua dos Poetas e que este ano homenaxea ó colectivo Brais Pinto.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, intervén na xornada da Zona Franca de Vigo: "Obxectivos estratéxicos". Lugar: Salón da actos da Confederación Empresarial de Ourense.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, intervén na reunión da Subcomisión Permanente de Diputaciones Provinciales, Cabildos y Consejos Insulares. Lugar: Sede da FEMP (Madrid).
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, recibe á agrupación Lar Gallego de Chile. Estará acompañado polo director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo. Lugar: Escola Provincial de Gaitas.
A deputada Patricia Torres participa na presentación do libro "A caixa do correo", de Carlos Velo. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
A deputada Patricia Torres participa na presentación dunha nova edición das Noites Teatrais de Vilamarín. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O deputado Jorge Pumar participa no Consello de Goberno da Rede de Entidades Locais pola Transparencia. Lugar: Deputación de Pontevedra.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na inauguración da exposición "San Cipriano o mago. De oracións, ciprianillos e tesouros", comisariada por Félix Castro Vicente. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
A deputada Patricia Torres participa na entrega da VI edición dos premios María Luz Morales. Lugar: Salón de actos do Pazo de San Marcos (Lugo).
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á inauguración da exposición da obra completa do artista ourensán Julio Rivera. Lugar: Sala José Ángel Valente.
O vicepresidente primeiro da Deputación e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na presentación da proba "Arnoia Termal Sports". Estará acompañado, entre outros, polo alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio; o delegado de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez, e o xerente do Grupo Caldaria, Javier Soto.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á XXIX edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea. Lugar: Campo da Saleta (San Cristovo de Cea).