O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do Campionato de España de Atletismo de clubs en pista cuberta, que se celebra este sábado, 11 de xaneiro, en Expourense.
Axenda
O vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, participa na presentación da final a 4 do Campionato de España de Hockey Sala masculino e feminino en categoría absoluta, que se celebrará no Paco Paz o 11 e 12 de febreiro. Rosendo Fernández estará acompañado polo delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o asesor de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira; e o presidente da Federación Galega de Hockey, Roberto Barata. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na rolda de prensa previa ao comezo da reunión da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP. Manuel Baltar estará acompañado polo presidente da Comisión e da Deputación de Jaén, Francisco Reyes; o vicepresidente da Comisión e titular da Deputación de Almería, Javier Aureliano García; e o secretario xeral da FEMP, Carlos Daniel Casares.
A Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP reúnese en Ourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa por videconferencia na Xunta Directiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Enviarase nota de prensa e fotografías.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xaneiro. Lugar: Salón de plenos do Pazo Provincial.
O deputado de Cooperación da Deputación, Pablo Pérez, preside como máximo responsable do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Ourense a sesión dun pleno no que tamén participarán, entre outros, o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e o delegado territorial, Gabriel Alén. Lugar: Sala de Xuntas do Pazo Provincial. SÓ GRÁFICOS
A deputada Luz Doporto participa na inauguración da exposición "Entroido, mobiliario, vestido, escultura", de Piquico. Estará acompañada polo director do Marcos Valcárcel, Francisco González, e o propio artista. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, preside a reunión do Consello da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA). Lugar: París (Francia). Enviarase nota de prensa e fotografías do encontro.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presenta en Fitur o programa "Ourense provincia MICE, Coge Velocidad". Lugar: Ifema (Madrid) - Stand de Galicia (pavillón 9). Enviarase nota de prensa e fotografías.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación do programa "European Writers Club", unha iniciativa deseñada para inspirar e fomentar a colaboración entre guionistas, produtores e responsables de contido de cadeas de televisión e plataformas. César Fernández estará acompañado polo director de Agadic, Jacobo Sutil; a directora da División Audiovisual da SGAE, Elizabeth López; o director do European Writers Club, Thomas Gammeltoft; e a guionista Gema R. Neira. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na inauguración da exposición "Medindo o xesto, trazando o tempo", dos artistas Ana Pérez Ventura e Gonzalo Sellés Lenard, que estará presente neste acto xunto á comisaria da mostra, Fátima Otero, e o director do Marcos Valcárcel, Francisco González. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, preside a entrega da Medalla de Ouro da provincia de Ourense, a título póstumo, ao profesor José Paz. Lugar: Salón de plenos da Deputación.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na inauguración da exposición "O bosque anguriado", dos escultores Tino Canicoba e Moxóm. Estará acompañado polo director do Marcos Valcárcel, Francisco González, e os dous artistas. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta aos alcaldes dos concellos polos que transcorre a Vía Nova o "Informe sobre a Vía Nova, estado actual e propostas de dinamización para darlle un pulo como circuíto cultural". Manuel Baltar estará acompañado polo alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o autor da parte galega do informe, Santiago Ferrer.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, comparecen en rolda de prensa despois de asinar o "Convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de difusión cultural no Campus de Ourense". Estarán acompañados pola vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación da etapa ourensá de O Gran Camiño 2023 acompañado, entre outros, polos ex ciclistas Ezequiel Mosquera -promotor da volta- e Óscar Pereiro. Lugar: Patio interior do Pazo Provincial (Ourense).
A Real Banda de Gaitas da Deputación ofrece o seu tradicional concerto de Nadal. Lugar: Igrexa da Pobra de Trives.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de decembro. Lugar: Salón de plenos do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do plan piloto do servizo de uso temporal de vehículos -"car sharing"- para a mellora da mobilidade dos fluxos turísticos na provincia de Ourense. Manuel Baltar estará acompañado polo alcalde da Gudiña, José María Lago; o conselleiro de Pérez Rumbao, Ramón Seijas; e a xerente do Inorde, Emma González. Lugar: Estación de autobuses da Gudiña.