.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recollerá mañá martes no Auditorio Nacional, en Madrid, (r/ Príncipe de Vergara, 146) o premio "Excelentia a la Cultura" 2016 que a Fundación Excelentia lle outorga á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, un galardón que recoñece a traxectoria e os proxectos culturais máis destacados no ámbito da música e da cultura en España.
Axenda
.- Na "Insua dos Poetas", na Esgueva, Madarnás (O Carballiño), terá lugar mañá xoves, 7 de abril, a celebración dos días da Auga, da Árbore e da Poesía, acto que contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; dos secretarios xerais de Cultura, Medio Ambiente e Política Lingüística, Anxo Lorenzo, Tomás Fernández-Couto e Valentín García, así como o presidente da Fundación "Insua dos Poeta", o escritor Luís González Tosar.
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 6 de abril, a entrega dos III Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia" de debuxo e redacción escolar, que convoca a Deputación de Ourense. O lema desta terceira edición é "O Parlamento de Galicia, a nosa casa", nunha data, este ano, no que se conmemora o 35º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, terá lugar o vindeiro luns, 4 de abril, ás 11.00 horas, a presentación das actas do V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego (II Internacional), baixo o título O afiador e outras técnicas artesanais de comunidades rurais. No acto participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora do CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense, Mariló Fernández Senra; o vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid Fernández; e o presidente da Asociación Cultural BEN-CHO-SEY, e responsable da Casa das Rodas, Florencio de Arboiro.
.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de marzo de 2016.
.- No Teatro Principal da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 31 de marzo, a presentación da 71ª edición da "Vuelta a España". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director xeral de "Vuelta a España", Javier Guillén; e dos exciclistas, Pedro Delgado, Óscar Pereiro e Fernando Escartín.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará o vindeiro luns, 28 de marzo, ás 11.30 horas, o proxecto de becas "Ourense Líder".
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao mércores 23 de marzo de 2016.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 16 de marzo, a presentación do V Torneo Internacional Vila de Ribadavia de Ximnasia Rítmica. O acto contará coa presenza do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Ribadavia, José Ignacio Gómez, e representantes do Club Marussia.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da "Semana Escolar da Árbore e da Auga", unha actividade organizada pola Deputación de Ourense para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga, que teñen lugar o 21 e 22 de marzo. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual "Dona Pinga e don Carballo fan amizade" adecuado aos cursos de Primaria. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do autor do libro, Xosé Antonio Perozo.
.- Na entrada do Edificio Politécnico do campus de Ourense terá lugar mañá martes, 15 de marzo, a inauguración da mostra A esfera da auga, dando comezo ás actividades que se desenvolverán con motivo da celebración o día 22 de marzo do Día Mundial da Auga. O acto contará coa presenza da deputada provincial, Montserrat Lama; o vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; a concelleira de Cultura, Educación e Participación Cidadá, María Belén Iglesias; e o profesor da Facultade de Ciencias, José Eugenio López Periago.
.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará mañá sábado, 12 de marzo, na reunión do Padroado da Fundación Curros Enríquez que terá lugar na Casa dos Poetas no Concello de Celanova.
.- No Auditorio Municipal do Carballiño terá lugar a celebración do Festival de Folclore de Primavera, un evento que organizan a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño. No festival participarán integrantes da escola de danza, con idades comprendidas entre os 6 e os 70 anos, que ofrecerán un espectáculo composto por bailes, músicas e cancións de repertorio popular e tradicional galego.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de marzo de 2016.
.- A Casa da Cultura de Verín acolle mañá venres, 11 de marzo, a presentación do libro O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense, editado pola Deputación de Ourense e do que é autor Alberte Blanco Casal. O acto contará coa presenza do autor; da deputada provincial Ana Villarino; do tenente alcalde de Verín, Diego Lourenzo, e do director de TVE en Galicia, Rafael Cid.
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 10 de marzo, a inauguración oficial do I Congreso de Formación Regrada en Seguridade Privada. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; o director do Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL), Paulo Martín Seco; o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Luis Menor; e o presidente do congreso, Miguel Gawenda.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 10 de marzo, ás 11.00 horas, a entrega de premios do Concurso Fotográfico por parte da Deputación de Ourense e ECOVIDRIO, no marco da Campaña do Entroido Ourensán 2016, en Viana do Bolo e Xinzo de Limia. O acto contará coa presenza do deputado provincial en materia de Cooperación e Seguimento do Plan de Mandato 2015-2019, Pablo Pérez; o xerente de Ecovidrio Galicia, Germán Fernández Freire; os premiados; e o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 10 de marzo, ás 11.30 horas, a presentación da exposición "Senso Sublime", do escultor Sergio Portela. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o artista; o director do Centro Cultural, Francisco González; e o comisario da exposición, Antón Sobral.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá martes, 8 de marzo, a presentación do I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga. O acto contará coa presenza da deputada provincial de Turismo, Ana Villarino; o alcalde do Concello da Veiga, Juan Anta; e o director técnico e o delegado da Delegación Valdeorresa de Atletismo, Agustín González Ruiz e Manuel Rodríguez Teijeiro, respectivamente.
.- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 7 de marzo, ás 10.00 horas, a presentación do primeiro Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada. O acto contará coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o director do congreso, Miguel Gawenda.