- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entregará no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" os diplomas do curso 2015-2016 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense. Posteriormente, os profesores Xosé Maceda e Pablo Carpintero ofrecerán un relatorio, o primeiro, sobre "O proceso de construcción do pandeiro galego" e unha conferencia-concerto titulada: "Os instrumentos musicais na tradición galega".
Axenda
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, terá lugar mañá martes, 31 de maio, a presentación da "III Carreira Vía Nova", que se celebrará no municipio de Bande. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Concello de Bande, José Antonio Armada; a presidenta da asociación VII Legio Gémina, Melisa Pereira; e o responsable de Deportes no Concello de Bande e secretario da asociación, Xurxo Vázquez.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Madrid na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Madrid na reunión do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Madrid na reunión da Comisión Permanente da Fundación Democracia e Goberno Local.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Madrid na reunión do Padroado da Fundación Democracia e Goberno Local.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel", os presidentes das deputacións de Ourense e Zamora, Manuel Baltar, e María Teresa Martín Pozo, inauguran a I Xornada de Cooperación da Rede Interprovincial Ourense-Zamora de comunicación e experiencia de xestión.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao martes 24 de maio de 2016.
.- No Parque de Maquinaria da Deputación de Ourense, o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, presentará mañá xoves, 19 de maio, os novos vehículos destinados ao servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, da Área de Medio Ambiente do ente provincial.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, terá lugar o vindeiro mércores, 18 de maio, a presentación do VII Curso de formación para informadores de oficinas de turismo e guías. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Concello da Veiga, Juan Anta; e o director do curso, Valerià Paül Carril.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, terá lugar a presentación da XLV edición da Festa do Peixe de Bande. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o alcalde do Concello de Bande, José Antonio Armada; e o membro do "Club O Peixe", José Emilio Rodríguez.
.- Con motivo do Día Internacional dos Museos, o Centro Cultural "Marcos Valcárcel", celebrará un coloquio sobre "Ourense como paisaxe cultural", a cargo do pintor Paco Ascón, na sala de exposicións na que se atopa a súa mostra "Ourense é arte".
.- Dentro do programa de actividades da "Ourense ICC Week", na Molinera, a partir das 10.30 horas, debaterase sobre "Economía creativa e os futuro dos contidos", onde onde intervirán, Edgar Martin Blas, CEO en New Horizonts VR; Áurea Rivela, directora de Uptopic us, Zinc Shower; Millán Berzosa, Google News Lab, Media Training Specialist España e Portugal; e Julio Manso, Sales Managing Director en Admanmedia.
.- Dentro do programa de actividades da "ICC Kids", na Molinera, a partir das 16.00 horas, terán lugar actividades dirixidas aos máis cativos, coa conferencia do profesor de artes plásticas, José Rivela e os seus alumnos da ESO, na que falarán da súa experiencia na creación da curtometraxe "Looking for Bill Viola"; e posteriormente, celebraranse dous micro-talleres, de plastilina e pintura condutiva, e de Stop-motion.
.- Dentro do programa de actividades da "Ourense ICC Week", no Teatro Principal da Deputación de Ourense, a partir das 20.00 horas, terán lugar os relatorios sobre "Ourense, provincia intelixente, o futuro prometido", onde participarán David Rowan, director xefe de Wired UK; Alberto Valero, director do proxecto educativo Bq; e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.
- Dentro do programa de actividades da "Ourense ICC Week", no Pazo de Vilamarín, a partir das 10.00 horas, terán lugar os "Talleres de competencias dixitais", nos que se debaterá sobre "O crowdfunding como ferramenta de financiamiento para as ICC" e "Como programar contido en espazos ICC".
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta na sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a "V Xornada sobre as Deputación do futuro", que organizan a institución provincial e a Fundación Democracia e Goberno Local.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na inauguración das xornadas "Quere o teu mercado. Unha praza para a historia", que terá lugar no mercado municipal de Ourense.
Dentro do programa de actividades da "Ourense ICC Week", no mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, a partir das 16.30 horas, terán lugar os relatorios sobre "Os novos retos culturais e creativos en Galicia", a cargo de Julio Gómez, director do Festival Sin Sal, e Rómulo Sanjurjo, xestor cultural.
Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 11 de maio, a presentación da proba deportiva e de habilidade "Grand Prix". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o deputado provincial de Deportes, Juan Anta, e o coordinador do Grand Prix Race Edition 2016, Serafín Martínez.